| ¨Unha poesia da
karakexa: Ceo e chan¨
No ceo atlántico cores de outono
algodóns amarelos coroan
o altivo e infindo espazo
No chan da historia corredoiras de lama
follas vermellas sepultan
pegadas de avós na terra
Ceo e chan
estelas de páxaros de ferro
e serpes de asfalto gris
Paso dos tempos, prantos de cristal
lendas e prensa rosa, meigas e horóscopos
a historia arrecende a pan de millo e a hamburguesa.
Páremolos reloxos!
ceo e chan
estaticos nos soños.
|
Alvarito mandounos
tamen unha poesia O lume branco das casas
subindo do val do frio
alá miran as vacas
co seu morno arrechouchio
A bretema xa non está
deixou de existir na vila
atras quedou a mañá
por ahi ven a tardiña
Os lumes novos do vento
evitanlle á xente o frio
o frio daquel lamento
que deixa o corazon valdio
|
| Non pode haber
páxina sen oración a Santiago Santiago, eu te quero,
Santo da barba dourada,
visitarei o teu sartego,
Deus vendiga a túa barca
E te prega o penitente
que botes fóra ao demo
Santo da barba dourada
ti ben sabes que eu te quero
Intercede por nós
e por tódolos galegos
Santo da barba dourada
polos de lonxe e os de perto
|
Andres tamén quixo
participar na festa Podía estar calado,
ou morrer sen corazón
pero eu hei de falalo
e pedir o teu perdón.
Ti e mais eu xa vemos
que xa non ha solución
ti e mais eu sabemos
que xa non ha perdón.
Ontem chorando na cama,
arrancando o corazón,
decidin dá-la cara
e ti dirás que non.
E logo da desfeita...
¿acabaremos melhor?
un servidor aceita
todo o que pasou.
E a coita, era minha
mais meu é o perdón.
Fuxiches da casinha
e matáchesme coa dor.
|
| Algo máis enxebre Dúas sombras
no final do dia
tranquilas ollan
o sol caendo na ria,
De pola a pola
brinca un paxaro
namentres zoa
o aire no eixo do carro.
Verdes prados
de flores silvestres
onde viven os paisanos
e teñen seu alpendre.
Nubes rosas,
Sol amarelo,
o capitan en popa
alegre e sereno.
E de lonxe, nalgures
como cada dia
gaitas e tambores
ao morre-lo dia,
Un gaiteiro,
un tamborileiro,
unha alborada
e ¡comeza a muiñada!
|