Daniel
Afonso Rodriguez Castelao 
Castelao naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 no seo duma família marinheira, aos poucos anos emigra coa família á Pampa Arxentina, logo duns anos volta como indiano e estudia Medicinha en Compostela, a pesar de que o que realmente lle gustaba era pintar e facer caricaturas. Regresa a Rianxo para formar parte do concello, entrando asi no mundo da política. Participa activamente nas Irmandades da fala. Dirixiu a revista Nós. Coa republica saiu escollido Deputado polo Partidio Galeguista, unha vez creado o partido galeguista en 1931 a unidade ideoloxica da Xeracion Nós comeza a quebrarse, Risco decantase pola dereita e Castelao e a maior parte do partido decantan-se pola esquerda, incluindo-se en 1936 no frente popular, unha alianza dos partidos de esquerdas para as elecciois dese ano, conseguindo a aprobacion do estatuto de autonomia.
Para fixar unha linha ideolóxica común no partido galeguista, Castelao comeza a escreber "Sempre en Galiza " no ano 35 e é publicado desgraciadamente dende o exilio, a version mais completa no ano 61. Neste libro di coisas tan importantes como que o galego e o português son fillos da mesma lingua, desterra a idea de raza do nacionalismo galego, considera que o home ha de ser idealista e ademais tentar tornar os desexos en realidade é un acto moi nobre, pediu unha organización nacional con protagonismo das parroquias, pediu que a terra for para quen a traballa, e o mais importante: rexeitou o imperialismo para admitir ou pedir a independencia ou federacion de nacións ibéricas incluindo a Portugal nesta.
No exilio, en Arxentina, lidera movementos galeguistas e mesmo chega a ser ministro do goberno provisional espanhol no exilio. Foi fundador de Galeuzca (actualmente rescatada por Beiras, Arzallus e Pujol e nomeada agora como Galeusca) un movemento no que están depositadas moitas das esperanzas nacionalistas das nacións sen estado de Hespaña (asi o escrebería Castelao).
No dia 7 de xaneiro de 1950 morreu en Bos Aires, lonxe da Terra, deixando escrito no seu testamento que desexa que os seus restos fiquen na sua terra cando esta sexa CEIBE.
Tras varias xornadas de protesta e revelión pública, en 1984 o goberno exfranquista de AP en Galiza acada traer os seus restos a Galiza. Esta é a derradeira derrota dun lider que foi despreciado e manipulado como obxecto electoral e viu incumprido a sua derradeira vontade. Triste fin para unha persoa que loitou pola sua terra, morreu lonxe dela, e viu imcumprida a sua última vontade.
