Esta é a Galiza oficial

É ferinte saber que moitas das xentes que falan galego e se consideran galegas, que están na Galiza Irredenta estan sendo educadas na diglósia e non reciben a instrucción nos centros de ensino publico na súa lingua vernácula.

Trátase dunha limpeza cultural, tentan evitar que esta xente siga pensando en galego, vivindo en galego e por suposto falando en galego.

A Galiza irredenta está formada por varias rexions:

O Bierzo

A zona comprendida entre o Eo o Návia, na província de Oviedo

A Estremadura galega

As Portelas e Seabra, en zamora

Estas zonas, que actualmente representan a 32 concellos, foron separadas de Galiza por motivos tan sorprendentes como os seguintes:

A zona comprendida entre os rios Eo e Navia pasou a mans de Asturias por unha disputa entre os bispados de Lugo e Oviedo

A zona do Bierzo pasou a dominio castelán por disputas terrotoriais tamén medievais entre o conde de Lemos e o marqués de Astorga, o mesmo que na zona da Seabra onde o conde de Lemos perdeuna ante o conde de Benavente.

O caso da estremadura de fala galega non deixa de ser curioso por que nunca foi galega e as xentes falan galego, hai teorias diversas sobre o tema, a máis recoñecida conta que os reis catolicos obrigaron a poboaciáns enteiras de galegos ir poboar o sur so seu reino, que despois das guerras quedaba deserto, así que estes habitantes da "Estremadura galega" (por definilo dalgún xeito) son descendentes de galegos do seculo XVI, que polo seu isolamento xeográfico e pola cercanía a Portugal, mantiveron a língua e algúns costumes.

Actualmente, a única zona na que se fomenta e estudia o galego e maila cultura galega é a Estremadura galega.

En Asturias o problema é digno de mención aparte. Movementos rexionalistas insurxentes reclaman a asturianidade das falas desta zona, dada a carencia de vocabulario propio do bable e a súa xa pasada agonia ata a súa recente incorporación ó español coma dialecto. A galeguidade das falas desta zona é irrefutable a nivel filolóxico.

O goberno castelán resistese a recoñecer a existencia do galego nestes lares e polo tanto ao ignorar a toda esta xente, non se imparten clases na sua lingua nin se recoñece como lingua oficial. Ao non recoñecerse como lingua oficial, esta non se pode usar en xuízos, contratos e relacións coa administración. Esto trae un problema que aos galegos non nos cadra tan lonxano, a incomprensión das leis, a imposibilidade de entender á burocrácia, a imposibilidade dunha defensa xusta nun xuízo e o posible engano nos contratos que ao non estar na lingua que un fala asiduamente poden levar a confusións.

Esta situación faría ruborizar a máis dun politico europeo e mesmo español, por que é algo que se oculta e que non se denúncia con suficiente forza. Cando os galegos nos poñamos dacordo en denunciar esta situación pode ser demasiado tarde.

Voltar atrás

Hosted by www.Geocities.ws

1