Saltar navegación

ÓRGANOS

OS OVARIOS

Son dous órganos do tamaño dunha noz que producen os óvulos.

AS TROMPAS DE FALOPIO

Son dous condutos que conectan os ovarios co útero.

O  ÚTERO

É un órgano oco e musculoso que alberga o embrión e protexe o feto durante o embarazo.

A  VAXINA

Conduto que comunica o útero co exterior. A súa dilatación permite a saída do feto.

A VULVA

É a parte exterior do aparato reprodutor feminino. Protexe a uretra.

José Alberto Bermúdez. Aparato reprodutor feminino (CC BY-NC-SA)