TESTÍCULOS
Órganos ovalados situados dentro dunha bolsa chamada escroto.
Producen os espermatozoides.
PENE
Órgano cilíndrico que polo seu interior discorre a uretra que é un conduto común ao aparato reprodutor masculino e ao aparato excretor.
A función do pene é facer chegar os espermatozoides ao interior do aparato reprodutor feminino.
GLÁNDULAS ANEXAS
Son a próstata e as vesículas seminais.
Producen líquidos que se mesturan cos espermatozoides para formar o seme.
CONDUTOS DEFERENTES
Son dous tubos que conectan os testículos coas glándulas anexas.
Polos condutos viaxan os espermatozoides dende os testículos ata as glándulas anexas.