Saltar navegación

2. A PUBERDADE

Cando nacemos, as persoas xa temos aparato reprodutor, pero está inactivo. Isto quere dicir que aínda non funciona: non é capaz de fabricar as células reprodutoras nin de producir descendentes.
Entre os 11 e os 17 anos, aproximadamente, as persoas iniciamos unha etapa, a puberdade, que é a primeira fase da adolescencia, na que experimentamos certos cambios.