Saltar navegación

1.INTRODUCIÓN

A FUNCIÓN REPRODUCIÓN

A reprodución é unha función vital que nos permite orixinar individuos semellantes, é dicir, asegura que a especie humana non desapareza.

Polo tanto, a función de reprodución humana é o conxunto de procesos que lles permiten aos seres humanos ter descendentes.

CARACTERÍSTICAS

A reprodución humana é sexual, é dicir, nela interveñen dúas persoas de distinto sexo: un home e unha muller, que producen células especializadas na reprodución.

CÉLULAS

A aparato reprodutor feminino produce as células reprodutoras femininas chamadas óvulos.

O aparato reprodutor masculino produce as células reprodutoras masculinas chamadas espermatozoides.

José Alberto Bermúdez. Células reproductoras humanas (CC BY-NC-SA)