|
|
|
Séguese o proxecto curricular e programación de aula da editorial SM: Proxecto Ecosfera, Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO, recollidos no texto correspondente. CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO
PROXECTO CURRICULAR
1.
Coñecer
diversas técnicas que se utilizan para realizar investigacións en Xeoloxía
e Bioloxía e aplicar algunhas, aproximándose ó traballo científico, como
estudios ó microscopio, contraste de hipóteses, etc.
2.
Resolver
exercicios e problemas relacionados coa dinámica da Terra, aplicando
estratexias propias do traballo científico.
3.
Traballar
con mapas topográficos para coñecer e representa-las características xeolóxicas
do contorno próximo de Galicia.
4.
Explica-las
idades xeolóxicas da Terra e as características principais que as
diferencian, utilizando as escalas temporais para ordena-la historia do
planeta.
5.
Explica-las
diferentes morfoloxías que xorden como consecuencia das accións xeolóxicas
sobre a Terra.
6.
Identifica-los
axentes xeolóxicos dominantes no relevo do contorno próximo, elaborando un
informe sobre as características dos relevos cársticos e graníticos.
7.
Explica-la
teoría da tectónica de placas, identificando as diferentes interpretacións
sobre a orixe da Terra ó longo da historia.
8.
Elaborar
un traballo sobre a distribución dos volcáns e terremotos, identificando as
diversas placas litosféricas e a súa situación actual.
9.
Identifica-los
depósitos fósiles existentes na península Ibérica, concretamente en
Galicia, sinalando a súa importancia no coñecemento do proceso de hominización. 10.
Valora-la relación constante e ás veces polémica
da ciencia, a tecnoloxía e a sociedade a partir da experimentación e a
aplicación do método científico ás cuestións e problemas de cada época. 11.
Valora-lo desenvolvemento teórico e práctico da
Bioloxía e a Xeoloxía ó longo dos tempos, así como o seu carácter aberto
e cambiante. 12.
Elaborar un traballo de síntese que integre as
concepcións e teorías da orixe da vida, a evolución e a adaptación biolóxica
ó longo da historia. 13.
Distingui-los procesos de meiose e mitose,
explicando as súas diferentes funcións e compoñentes. 14.
Defini-la función e os compoñentes do ADN,
valorando a importancia e as implicacións do coñecemento do código e a
expresión xenética no desenvolvemento de novos avances e aplicacións no
mundo da medicina e da ciencia. 15.
Realizar un traballo sobre as leis da herdanza,
establecendo as características e formulacións das leis de Mendel e da teoría
cromosómica. 16.
Elaborar un traballo sobre as aplicacións e
limitacións da manipulación xenética a partir dos novos coñecementos biolóxicos,
valorando as súas implicacións
éticas e sociais, analizando en concreto a investigación do xenoma humano e
a súa aplicación na prevención de enfermidades hereditarias. 17.
Establece-las relacións conceptuais entre ecoloxía,
ecosistema e medio ambiente. 18.
Coñece-los diferentes instrumentos e métodos de
medida que se utilizan para experimentos de campo coma a medición do pH do
solo, velocidade da auga, etc. 19.
Identifica-los elementos que conforman os
diferentes ecosistemas terrestres e mariños españois, concretamente os de
Galicia, describindo os seus ciclos bioxeoquímicos e cadeas e redes tróficas. 20.
Explica-las distribución xeográfica dos seres
vivos, elaborando unha clasificación e un mapa dos diferentes sistemas ecolóxicos
do territorio español e especialmente de Galicia. 21.
Identifica-los cambios que se producen no medio
natural de Galicia como consecuencia de fenómenos naturais e a acción humana,
a partir do coñecemento dos organismos e elementos que o compoñen, valorando
os riscos do impacto e os seus efectos a medio prazo. 22.
Realizar un balance dos principais problemas
medioambientais (degradación, erosión, contaminación...) dos ecosistemas en
España e especialmente de Galicia, identificando as causas dos impactos
observados. 23.
Elaborar propostas de intervención co fin de
incidir na mellora dos problemas dentro do medio natural, desenvolvendo unha
actitude crítica ante as consecuencias sociais e medioambientais que supoñen
os problemas ecolóxicos que afectan á sociedade e participando activamente na
preservación do medio, especialmente en Galicia. 24.
Contrastar diferentes fontes de información e
elaborar informes relacionados con cuestións de carácter biolóxico e xeolóxico
relevantes para a sociedade. |