1º ESO
Principal Arriba 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO 1º bacharelato ciencias 2º bacharelato ciencias PENDENTES

 

Para o desenvolvemento do currículo deste curso o departamento decidiu utilizar o texto Ciencias da Natureza, proxecto Ecosfera, 1º ESO que desenvolve o proxecto curricular da editorial SM.

  • OBXECTIVOS DE ÁREA

1. Iniciar ó alumno/a no coñecemento e aplicación do método científico.

2. Comprender e expresar mensaxes científicas utilizando a linguaxe oral e escrita con propiedade, así como interpretar diagramas, gráficas, táboas, expresións matemáticas sinxelas e outros modelos de representación.

3. Interpretar cientificamente os principais fenómenos naturais, así como as súas posibles aplicacións tecnolóxicas, utilizando as leis e conceptos das Ciencias da Natureza.

4. Participar de maneira responsable na planificación e realización de actividades científicas.

5. Utilizar de forma autónoma diferentes fontes de información, incluídas as novas tecnoloxías da información e da comunicación, co fin de avaliar  o seu contido e adoptar actitudes persoais críticas sobre cuestións científicas e tecnolóxicas.

6. Adquirir coñecementos sobre o funcionamento do organismo humano para desenvolver e afianzar hábitos de coidado e saúde corporal.

7. Aplicar os coñecementos adquiridos nas Ciencias da Natureza para gozar do medio natural, valorándoo e participando na súa conservación e mellora.

8. Recoñecer e valora- las contribucións da ciencia para a mellora das condiciones da existencia dos seres humanos e aprecia-la importancia da formación científica.

9.       Entender o coñecemento científico como algo integrado, que se compartimenta en distintas disciplinas para afondar nos diferentes aspectos da realidade.

  • CONCRECIÓN E RELACIÓN OBXECTIVOS DE ÁREA / OBXECTIVOS 1o CURSO
OBXECTIVOS DE ÁREA OBXECTIVOS 1º CURSO
1. Iniciar ó alumno/a no coñecemento e aplicación do método científico.

2. Comprender e expresar mensaxes científicas utilizando a linguaxe oral e escrita con propiedade, así como interpretar diagramas, gráficas, táboas, expresións matemáticas sinxelas e outros modelos de representación.

3. Interpretar cientificamente os principais fenómenos naturais, así como as soas posibles aplicacións tecnolóxicas, utilizando as leis e conceptos das Ciencias da Natureza.

4. Participar de maneira responsable na planificación e realización de actividades científicas.

5. Utilizar de forma autónoma diferentes fontes de información, incluídas as novas tecnoloxías da información e da comunicación, co fin de avaliar o seu contido e adoptar actitudes persoais críticas sobre cuestións científicas e tecnolóxicas.

6. Adquirir coñecementos sobre o funcionamento do organismo humano para desenvolver e afianzar hábitos de coidado e saúde corporal.

7. Aplica-los coñecementos adquiridos nas Ciencias da Natureza para gozar do medio natural, valorándoo e participando na súa conservación e mellora.

8. Recoñecer e valora-las contribucións da ciencia para a mellora das condiciones de existencia dos seres humanos e aprecia-la importancia da formación científica.

9. Entender o coñecemento científico como algo integrado, que se compartimenta en distintas disciplinas para afondar nos diferentes aspectos da realidade.

1. Desenvolver estratexias para aprender de forma autónoma por medio da utilización de técnicas como a construcción de gráficas, mapas conceptuais e análise de textos científicos. (Obxectivos de área 2,5).

2. Entender e utilizar os conceptos básicos adquiridos sobre o noso planeta e o Universo para describir e interpretar os fenómenos e procesos naturais que se producen neles. (Obxectivos de área 3,8,9)

3. Saber representar en táboas de datos resultados estatísticos de diversos estudios (propiedades da materia , características dos seres vivos, etc.) e a súa transformación en diagramas de barras. (Obxectivos de área 2,7)

4. Desenvolver a capacidade de organización participando de forma responsable na planificación e realización de actividades relacionadas co manexo de instrumentos propios do laboratorio de Ciencias como a lupa binocular e o microscopio óptico. (Obxectivos de área 4,5)

5. Recoller, organizar e clasificar información obtida de diversas fontes sobre avances tecnolóxicos, as soas contribucións ó benestar social e a súa incidencia no medio ambiente. (Obxectivos de área 5,7,8)

6. Aplicar os coñecementos adquiridos sobre o funcionamento do corpo humano e a súa relación co contorno para propiciar actitudes e hábitos saudables, desenvolvendo una actitude crítica diante da contaminación do aire e da auga. (Obxectivos de área 6,7)

7. Recoñecer os diversos materiais que se atopan no medio natural, tanto mesturas como substancias puras, apreciando a importancia dun uso adecuado deles e participando na súa conservación. (Obxectivos de área 7,8,9)

8. Distingui-las propiedades xerais da materia e as súas unidades mais usuais, manexando con soltura os cambios de unidades e iniciar o alumno/a no método científico coa medida de densidades.  (Obxectivos de área 1,4)

9. Apreciar a importancia da formación científica sobre a diversidade dos seres vivos e o medio en que habitan para adoptar unha postura crítica diante dos factores que poidan afectala. (Obxectivos de área 7,8)

10. Entender a íntima conexión que hai entre diversas disciplinas da ciencia á hora de comprender a relación entre a estructura e composición da Terra e os seres vivos que a habitan. (Obxectivo de área 10)

  •  CONCRECIÓN E RELACIÓN DOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN
CICLO 1º CURSO
1. Explicar a organización do Sistema Solar e as características dos movementos da Terra e da Lúa, así como algunhas das concepcións que sobre dito sistema planetario se tiveron ó longo da Historia.

2. Razoar o por que os elementos químicos mais abundantes no Universo son, en xeral, los que teñen un número de protóns mais pequeno, e explicar as propiedades de ditos elementos.

3. Realizar correctamente cálculos sinxelos que inclúan a utilización das diferentes unidades do S.I.

4. Diferenciar entre substancias puras e mesturas, relacionando estes conceptos cos de mineral, rocha, aire e auga mariña.

5. Aplicar o coñecemento da composición universal da materia para explicar feitos como a existencia de elementos químicos, tanto en substancias inertes, como en seres vivos, e a diferencia entre elementos e compostos.

6. Describir a composición e estructura da atmosfera e explicar a incidencia da capa de ozono sobre a superficie do planeta.

7. Diferenciar os tres estados da materia en función das propiedades xerais (dimensións, masa, densidade), relacionándoos coa nosa peculiar hidrosfera e facendo mención das propiedades da auga.

8. Describir o ciclo da auga e razoar o uso adecuado desta.

9. Extraer informacións de documentos científicos sinxelos.

10. Indicar os principais materiais que se empregan nunha sociedade desenvolvida, a súa orixe, correcto aproveitamento e os medios mais axeitados para que a súa reciclaxe sexa respectuosa co medio ambiente.

11. Explicar as características físicas e químicas da Terra no seu conxunto global, facendo notar a súa incidencia na orixe, desenvolvemento e mantemento da vida.

12. Establecer os criterios que serven para clasificar ós seres vivos e identificar os principais modelos taxonómicos ós que pertencen os animais e plantas mais comúns, relacionando a presencia de determinadas estructuras coa súa adaptación ó medio.

13. Explicar as funcións comúns a tódolos seres vivos tendo en conta a teoría celular.

14. Describir os trazos que caracterizan á especie humana.

15. Interpretar os sistemas materiais como partes do Universo de moi distintas escalas e ós que a Ciencia delimita para o seu estudio, destacando á enerxía como unha propiedade inseparable de todo o que é capaz de orixinarlles cambios.

16. Escribir algúns dos cambios que se producen nos sistemas materiais (movemento, deformacións, cambios de estado e de orde interna), analizando algunhas das soas causas (actuación de forzas, calor, etc.), e aplicando estes conceptos xerais no estudio da Terra como sistema material concreto.

17. Definir o concepto de peso como unha forza e diferenciar con exactitude entre os conceptos de enerxía cinética e potencial e entre os de calor e temperatura.

18. Explicar fenómenos sinxelos referidos á transmisión da luz e do son, analizando as soas características, así como as estructuras e o funcionamento dos órganos que os detectan.

19. Describir as características básicas dos procesos químicos, relacionando a conservación da masa e o intercambio enerxético co entorno, como características destacadas de ditos procesos.

20. Relacionar a desigual distribución da enerxía solar na superficie do planeta coa orixe dos axentes xeolóxicos externos, explicando as consecuencias destes no modelado do relevo terrestre e na formación das rochas sedimentarias.

21. Describir os horizontes do solo e explicar os factores que determinan a súa degradación.

22. Explicar a formación do carbón e do petróleo.

23. Analizar a incidencia dalgunhas actuacións individuais e sociais relacionadas coa enerxía, no deterioro e mellora do medio ambiente e na calidade de vida.

24. Relacionar o vulcanismo, os terremotos, a formación de relevo e a xénese das rochas metamórficas e magmáticas coa enerxía interna do planeta, chegando a situar nun mapa ás zonas onde ditas manifestacións son mais intensas e frecuentes.

25. Definir os conceptos de nutrición celular e respiración aplicando os coñecementos sobre a obtención de enerxía.

26. Diferenciar os mecanismos que teñen que utilizar os seres pluricelulares para realizar as soas funcións, distinguindo entre os procesos que producen enerxía e os que a consumen, entre nutrición autótrofa e heterotrofa, e entre reproducción animal e vexetal.

27. Distinguir entre os conceptos de biosfera e ecosfera explicando, mediante exemplos sinxelos, o fluxo de enerxía nos ecosistemas.

1. Explicar o lugar que ocupa á Terra no Sistema Solar, na Vía Láctea e no Universo, entendendo os movementos terrestres e os efectos que provocan. (Criterio de avaliación de ciclo 1)

2. Manexar os símbolos químicos e coñecer as propiedades dos elementos químicos mais abundantes e significativos. (Criterios de avaliación de ciclo 2,5)

3. Explicar a existencia de elementos químicos en substancias e seres vivos diferenciando entre elementos e compostos. (Criterios de avaliación de ciclo 2,5)

4. Identificar e manexar as propiedades xerais que posúe la materia: masa, volume, densidade...realizando correctamente cálculos sinxelos que inclúan diferentes unidades do S.I. (Criterios de avaliación de ciclo 3,7)

5. Diferenciar as mesturas das substancias puras e coñecer de forma práctica procedementos para separar os compoñentes dunha mestura como a cromatografía. (Criterio de avaliación de ciclo 4)

6. Identificar rochas e minerais mediante a observación e recollida de datos sobre as soas propiedades mais características e establecer relacións entre estas e o uso que se fai deles. (Criterios de avaliación de ciclo 4,10)

7. Describir a composición gasosa da atmosfera, a súa importancia e os efectos que a súa contaminación provoca (Criterios de avaliación de ciclo 6,9)

8. Distinguir medidas que se poden tomar para facer compatible o noso desenvolvemento social coa saúde do medio ambiente. (Criterios de avaliación de ciclo 6,8,10)

9. Distinguir os tres estados da materia relacionándoos cos conceptos de presión, calor e temperatura.(Criterio de avaliación de ciclo 7)

10. Identificar e distinguir cambios físicos de cambios químicos que se producen na vida cotiá. (Criterio de avaliación de ciclo 7)

11. Elaborar mapas conceptuais que sinteticen los coñecementos básicos tratados sobre a auga na Terra. (Criterios de avaliación de ciclo 8,9)

12. Extraer información de documentos científicos sinxelos, realizando valoracións críticas. (Criterio de avaliación de ciclo 9)

13. Coñecer  as posibilidades de manipulación de substancias para a obtención de materiais coas propiedades desexadas valorando positivamente a reciclaxe e recuperación de residuos. (Criterio de avaliación de ciclo 10)

14. Clasificar a gran diversidade de seres vivos e identificar as soas principais características a partir da observación e/ou descrición, establecendo relacións co seu medio. (Criterio de avaliación de ciclo 12)

15. Explicar as funcións vitais básicas dos seres vivos considerando a teoría celular. (Criterio de avaliación de ciclo 13)

16. Describir as características que distinguen ó ser humano.(Criterio de avaliación de ciclo 14)

 
Hosted by www.Geocities.ws

1