3º ESO
Principal Arriba 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO 1º bacharelato ciencias 2º bacharelato ciencias PENDENTES

 

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía acordou seguir o proxecto curricular da editorial SM “Ecosfera”, seguindo o texto Bioloxía e Xeoloxía, proxecto Ecosfera, 3º ESO.


OBXECTIVOS DA ETAPA

OBXECTIVOS DA MATERIA

1.       Iniciarse no coñecemento e aplicación do método científico.

2.       Comprender e expresar mensaxes científicas utilizando a linguaxe oral e escrita con pro­piidade, así como interpretar diagramas, gráficas, táboas, expresións matemáticas sinxelas e outros modelos de representación.

3.       Interpretar fenómenoscientificamente os principais fe­nómenos naturais, así como as súas posibles aplicacións tecnolóxicas, utilizando las leis e conceptos das Ciencias da Natureza.

4.       Participar de xeito responsable na planificación e realización de actividades científicas.

5.       Utilizar de forma autónoma diferentes fontes de información, incluídas as novas tecnoloxías da información e da comunicación, co fin de avaliar o seu contido e adoptar actitudes persoais críticas sobre cuestións científicas e tecnolóxicas.

6.       Adquirir coñecementos sobre o funcionamento do organismo humano para desenvolver e afianzar hábitos de coidado e saúde corporal.

7.       Aplicar os coñecementos adquiridos nas Ciencias da Natureza para gozar do medio natural, valorándoo e participando na súa conservación e mellora.

8.       Recoñecer e valorar as aportacions da ciencia para a mellora das condicións de existencia dos seres humanos e apreciar a importancia da formación científica.

9.       Entender o coñecemento científico como algo integrado, que se compartimenta en distintas disciplinas para afondar nos diferentes aspectos da realidade.

1.       Iniciarse no coñecemento e manexo do método científico, así como na correcta comunicación do traballo científico. (Obx. 1)

2.       Comprender e expresar mensaxes científicas utilizando a linguaxe oral e escrita con propiedade, utilizando diferentes códigos de comunicación, como diagramas, táboas ou gráficas. (Obx. 2)

3.       Utilizar as leis e os conceptos básicos das Ciencias da Natureza para interpretar os principais fenómenos xeolóxicos relacionados cos minerais e as rochas, valorando as aplicacións de interese económico e industrial que estes teñen. (Obx. 3)

4.       Entender a relación entre a estructura e o funcionamento do corpo humano, recoñecendo a necesaria coordinación entre os distintos sistemas vitais. (Obx. 3)

5.       Participar responsablemente na planificación e realización de diversas actividades científicas, prácticas e teóricas, grupais ou individuais. (Obx. 4)

6.       Seleccionar, de forma autónoma e crítica, información provinte de distintas fontes co fin de elaborar criterios persoais sobre cuestións científicas e tecnolóxicas. (Obx. 5)

7.       Adquirir coñecementos sobre o funcionamento do organismo humano para desenvolver hábitos de coidado e saúde corporal e unha actitude crítica diante do consumo de drogas. (Obx. 6)

8.       Utilizar os coñecementos adquiridos nas Ciencias da Natureza para comprender o valor do medio natural e a necesidade da súa conservación e mellora. (Obx. 7)

9.       Recoñecer e valorar achegas da ciencia para a mellora das condiciones de existencia dos seres humanos, afondando especialmente no campo médico. (Obx. 8)

10.    Entender a ciencia como un proceso que engloba diversas disciplinas que afondan en diferentes aspectos dunha mesma realidade. (Obx. 9)

 CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 

1.       Definir os conceptos de mineral, cristal e vidro. (Obx. 1)

2.       Identificar e clasificar os minerais máis frecuentes. (Obx. 1)

3.       Determinar a orixe e a clasificación das principais rochas sedimentarias, magmáticas e metamórficas. (Obx. 2)

4.       Definir o concepto de estrato e explicar o valor xeolóxico que posúe. (Obx. 2)

5.       Recoñecer aplicacións de interese industrial e económico de minerais e rochas. (Obx. 2)

6.       Describir a morfoloxía celular, o seu funcionamento e necesidades, así como os orgánulos máis importantes. (Obx. 3)

7.       Describir os órganos e os sistemas de órganos implicados nas funcións vitais e establecer relacións entre estes e os hábitos de hixiene e saúde. (Obx. 4)

8.       Identificar as principais enfermidades infecciosas e non infecciosas, os seus axentes causantes e as súas transmisións, así como a súa prevención e curación. (Obxs. 5, 6 e 7)

9.       Explicar os procesos de dixestión e asimilación dos alimentos e establecer a necesidade dunha alimentación equilibrada e a influencia no organismo de consumos inadecuados. (Obx. 5)

10.    Describir a misión do sistema nervioso, a súa organización e alteracións, comprendendo a repercusión que teñen nel os hábitos de conducta. (Obx. 6)

11.    Explicar a relación entre a coordinación e o equilibrio hormonais. (Obx. 7)

12.    Describir o sistema locomotor situando os principais ósos e músculos. (Obx. 8)

13.    Identificar os movementos do esqueleto, destacando os órganos que interveñen e as súas funcións. (Obx. 8)

14.    Describir os aparellos reproductores e coñecer os métodos de control da natalidade e de prevención na transmisión de enfermidades sexuais. (Obx. 9)

15.    Estimar os períodos de fecundación da muller de acordo coas datas da menstruación. (Obx. 9)

16.    Explicar de forma sistemática, fundamentada e rigorosa as racións que han de mover a desenvolver hábitos saudables de hixiene sexual. (Obx. 9)

17.    Elaborar e interpretar informes e esquemas sinxelos sobre as actividades prácticas realizadas. (Obx.10)

 
Hosted by www.Geocities.ws

1