1º bacharelato ciencias
Principal Arriba 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO 1º bacharelato ciencias 2º bacharelato ciencias PENDENTES

 

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES Ricardo Mella acordou desenvolver o currículo de acordo co proxecto curricular da editorial Anaya para o primeiro curso do Bacharelato de Ciencias da Natureza e da Saúde, do que se segue o texto.

Obxectivos.

·         Desenvolver valores e actitudes propias do pen-samento científico: procura de información, curiosidade, capacidade crítica, traballo sistemático e rigoroso, cuestionamento daquilo que parece obvio, apertura ante novas ideas e necesidade de verifi-cación dos feitos, etc.

·         Comprende-los conceptos básicos, leis, teorías e modelos máis importantes da bioloxía e da xeoloxía, que lles permitan ter unha visión global e unha formación científica básica que sustente os seus estudios posteriores.

·         Acriticamente diferentes hipóteses, teorías e modelos que posibiliten desenvolve-lo pensamento crítico e valora-las súas contribucións ó desenvolvemento da bioloxía e da xeoloxía.

·         Explicar, comprender e utilizar termos, conceptos e expresións científicas relacionados cos coñecementos biolóxicos e xeolóxicos adquiridos e aplicalos á experiencia diaria.

·         Utilizar con certa autonomía destrezas investigadoras, tanto documentais como experimentais: reunir informacións coherentes, presentar problemas, formular hipóteses, etc.

·         Recoñece-la influencia na sociedade dos avances científicos e tecnolóxicos da bioloxía e da xeoloxía e mostrar interese polos problemas que esta influencia pode xerar.

·         Interpretar globalmente os fenómenos da xeodinámica á luz da tectónica de placas.

·         Interpreta-lo funcionamento dos seres vivos como diferentes estratexias adaptativas ó ambiente.

Criterios de avaliación.

·         Identifica-las características do traballo científico e as repercusións da ciencia na sociedade.

·         Coñecer e aplicar algunhas das técnicas de traballo utilizadas na investigación de diversos aspectos (da xeoloxía, botánica, ecoloxía, etc.) do noso planeta.

·         Relacionar feitos e datos, respecto da estructura da Terra, coas teorías que a explican.

·         Interpretar fenómenos e sucesos planetarios utilizando a teoría da tectónica global.

·         Relaciona-los procesos petroxenéticos coa teoría da tectónica de placas.

·         Explica-los procesos de formación de rochas magmáticas, metamórficas e sedimentarias.

·         Coñece-los principais depósitos minerais do noso contorno e a súa importancia económica.

·         Identifica-los seres vivos e clasificalos dentro dos principais grupos taxonómicos.

·         Explicar e identifica-las características dos principais tecidos animais e vexetais.

·         Enumera-los distintos niveis de organización dos seres vivos relacionándoos co proceso evolutivo e co desempeño das tres funcións vitais.

·         Explica-los mecanismos básicos que inciden no proceso da nutrición relacionándoos coa presencia de determinadas estructuras que os fan posibles.

·         Relacionar algunhas das constantes vitais dos organismos coa coordinación neuroendócrina e indicar, así mesmo, aplicacións derivadas do coñecemento da función das hormonas.

·         Describi-los diferentes modelos reproductivos e indica-las vantaxes que proporciona a reproducción sexual sobre a asexual, así como algunhas con-tribucións prácticas do coñecemento do proceso reproductor nos seres vivos.

·         Recoller e ordenar datos de maneira operativa; é dicir, que a súa interpretación e utilización facilite traballos posteriores.

·         Intervir de maneira ordenada e respectuosa en debates.

·         Deseñar e realizar pequenas investigacións sobre as funcións dos seres vivos servíndose dalgúns dos procedementos do traballo científico.

·         Contrastar diferentes fontes de información e elaborar informes sobre problemas biolóxicos e xeolóxicos relevantes (conservación das especies, intervención humana na reproducción, etc.).

 

Hosted by www.Geocities.ws

1