2º ESO
Principal Arriba 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO 1º bacharelato ciencias 2º bacharelato ciencias PENDENTES

 

Para o desenvolvemento do proxecto curricular séguese o texto da editorial SM “Proxecto Ecosfera, Ciencias da Natureza 2º ESO.

Obxectivos.

·         Iniciarse no coñecemento e aplicación do método científico e entende-la ciencia como algo integrado que se compartimenta en distintas materias para poder afondar nos diferentes aspectos da realidade.

·         Modifica-las preconcepcións que dificultan a análise dos fenómenos naturais baixo unha perspectiva científica, para achegarse ós conceptos adecuados para esta etapa.

·         Comprender e expresar con propiedade mensaxes científicas orais e escritas. Saber interpreta-las representacións da información propias da ciencia, como son diagramas, gráficas, táboas ou expresións matemáticas axeitadas ó nivel da etapa.

·         Interpreta-los principais fenómenos naturais, así como as súas aplicacións tecnolóxicas, desde unha perspectiva científica.

·         Participar de xeito responsable na planificación e realización de actividades de tipo científico.

·         Utilizar de forma autónoma diferentes fontes de información, avaliando o seu contido de xeito persoal, crítico, tolerante e non dogmático, principalmente no relativo a cuestións científicas e tecnolóxicas.

·         Recoñecer e valora-la importancia da ciencia e das súas contribucións na mellora da tecnoloxía e, en consecuencia, das condicións de vida da humanidade.

·         Adquirir coñecementos sobre o funcionamento do organismo humano para desenvolver e afianzar hábitos de coidado e hixiene corporal e mental.

·         Aplica-los coñecementos adquiridos para gozar do medio natural, dándolle o seu xusto valor e participando na súa conservación e mellora.

Criterios de avaliación.

·         Coñece-la existencia de distintos compoñentes no Universo; a súa estructura, distribución e evolución, e facer unha aproximación dos planetas do Sistema Solar e a Terra ó conxunto dos demais sistemas solares.

·         Describi-la materia en termos atómico-moleculares. Diferenciar entre elementos e compostos, substancias puras e mesturas, sistemas homoxéneos e heteroxéneos. Relacionar estes conceptos cos de mineral, rocha, aire e augas.

·         Diferencia-los estados de agregación da materia, sólido, líquido e gasoso, atendendo a propiedades macroscópicas xerais (forma, dimensións e densidade).

·         Realizar correctamente cálculos sinxelos, empregando o Sistema Internacional de Unidades.

·         Interpreta-los sistemas materiais como partes do Universo que, a diferentes escalas, a ciencia delimita para o seu estudio, destacando a enerxía como unha propiedade intrínseca capaz de orixinar cambios neles.

·         Describir algunhas das transformacións que se producen nos sistemas materiais (movemento macroscópico, deformacións, cambios de estado, etc.) analizando algunhas das súas causas (actuación de forzas ou transferencia de enerxía). Aplicar estes conceptos ó estudio da Terra como sistema material.

·         Diferencia-los conceptos de masa e peso, de enerxía cinética e potencial, así como os de calor e temperatura.

·         Explicar fenómenos sinxelos relacionados coa propagación da luz e o son, analizando as súas características, así como as estructuras e o funcionamento dos órganos que os detectan.

·          Recoñece-la presencia da enerxía en tódalas situacións, identificando as súas formas, e considerala como unha propiedade dos sistemas materiais ó poder desenvolver cambios nas estructuras non vitais e vitais.

·         Interpreta-los axentes xeolóxicos internos como manifestación da enerxía interna do planeta e que conduce á formación do relevo e á xénese das rochas magmáticas e metamórficas.

·         Explicar, a partir do coñecemento da composición e das propiedades da auga e do aire, a súa importancia para os seres vivos, a razón da existencia de fenómenos atmosféricos e algúns dos cambios promovidos por estes axentes no relevo terrestre.

·         Recoñece-la existencia dunha mesma configuración básica, estructural e funcional para tódolos seres vivos, e que permita, a partir das estructuras máis sinxelas, extrapola-los datos ós diferentes grupos de seres vivos, establecendo as clasificacións oportunas, identificándoas e localizando as autóctonas de Galicia no seu contexto natural, subliñando os trazos morfolóxicos máis relevantes.

·         Realizar experiencias que poñan de manifesto a incidencia e relevancia dos procesos de fotosíntese e respiración no desenvolvemento da vida.

·         Aprender a caracterizar un ecosistema, recoñecendo os seus diferentes compoñentes e interpretando algunhas das relacións existentes entre eles e a súa repercusión na variabilidade del.

·         Recoñece-las relacións existentes entre as fontes de enerxía e os procesos de deterioración ou mellorado medio e da calidade de vida.

·         Defini-los conceptos de nutrición celular e respiración, aplicando os coñecementos sobre a obtención da enerxía.

Hosted by www.Geocities.ws

1