Reclamacións polo deficiente 

servizo de Correos  

 

Últimas novidades !!!                                                                         (data actualización: 25 de febreiro de 2005) 

Fartos de esperar cartas Máis de 100 veciños de Tebra acudiron o pasado sábado 20 de novembro ó centro de Tomiño e colapsaron a oficina de Correos. O motivo: protestar polo deficiente servizo que nestes últimos tres meses apenas distribuíu o correo normal, limitándose se acaso ás cartas certificadas.

Os veciños presentaron máis de cen reclamacións e ademais selaron cartas dirixidas a eles mesmos, para comprobar nos vindeiros días se estas chegan ó seu destino. O presidente da Asociación de veciños, Carlos Encisa, enviou un escrito ó xefe provincial reclamando se repoña a normalidade no servizo e se aumente o horario da oficina, que actualmente pecha a diario ás 12 e os sábados ás 11 da mañá.

(preme na foto para mirar todas as fotos da manifestación)

 

A pelota, no tellado do concello

Os veciños comprométense a poñer o buzón, Correos a poñer personal, só falta que o concello faga a súa parte: poñer placas cos nomes dos barrios e os números nas casas. Segundo informou o xefe provincial de Correos, estos son os motivos do deficiente servizo. Estamos á espera de que se faga a parte do concello. O pasado día 30 de novembro escribímoslle unha carta ó alcalde explicándolle a situación. Estamos á espera de resposta ou actuacións...

 

 

Próximas Mobilizacións 

Convocamos ós veciños para acudir ó pleno do sábado 26/2/5, para lembrarlle ó alcalde que ten que resolver a parte que lle toca ó concello: poñer placas de barrios e corrixir dobres numeracións.

Escrito de reclamación enviado o sábado 20/11/04 

Ademáis das máis de cen reclamacións presentadas na oficina de Tomiño polos veciños na xornada do sábado, ese mesmo día o presidente da Asociación de Veciños de Santa María de Tebra enviou ó xefe provincial de correos este escrito, en nome de todos os veciños.  

Resposta do xefe provincial

O xefe provincial de Correos en Pontevedra, D. José Manuel Paz, respostaba ó escrito da Asociación de Veciños de Tebra o día 23 de novembro (tres días despois de enviarlle o escrito e facer a protesta na oficina de Correos de Tomiño). Na súa resposta di que a culpa dos problemas está en que os veciños non temos todos o buzón, e que o concello non colocou placas de rúas e números nas casas. Preme aquí para mirar o escrito (folla 1 e folla 2)

Visita do xefe de loxística

O 26 de novembro de 2004 (6 días despois da protesta na oficina de Correos de Tomiño), o xefe de loxística de Correos-Galicia, D José Francisco Noya viña a Tomiño. Falou co sr Alcalde e despois co presidente da Asociación de Veciños de Santa Mª de Tebra. Segundo comunicou á asociación, o alcalde comprometeuse a colocar os carteis das rúas e os números nas casas, para facilitar o traballo do novo funcionario de correos que se incorporará en xaneiro de 2005.

Escrito para o alcalde de Tomiño (30/11/04)

A Asociación de Veciños entrega no concello este escrito dirixido ó alcalde no que se lle informa da situación (por se todavía non a coñece) e se lle pide cumpla a súa parte, tras o compromiso dos veciños de colocar os buzóns nas casas. Ademáis a directiva da Asociación ponse á súa disposición para colaborar no que faga falta...

 

O PROBLEMA INICIAL: No mes de agosto, á persoa que viña facendo o reparto dende sempre deixa o traballo porque lle obrigan a facer ademais de Tebra (Santa María, San Salvador e Vilameán) a parroquia de Taborda. A asociación enterouse de que lle meteron esta parroquia porque a persoa que a facía estaba facendo o que en correos se chama "dobre turno", ou sexa unha especie de horas extras facendo moitas parroquias a mesma persoa. Esa persoa conseguíu unhas condicións de traballo mellores e as parroquias que lle "sobraron" as repartiron entre as carteiras que xa había. Por iso aumentaron a carga a todas as demais carteiras e chegamos a este colapso. Ademais, a praza de carteiro de Tebra sae a concurso, e mentras non se cubre en xaneiro de 2005, o traballo realízano sucesivas persoas contratadas que van sendo despedidas ó finalizar o contrato, polo que a nova empeza de cero cada vez. En tres meses foron contratados tres carteiros distintos.

AS CONSECUENCIAS: Ó deixar a carteira de sempre o seu posto, meten unha persoa nova que acepta facer Tebra e Taborda. Esta persoa non coñece as casas, nen ós veciños, e moitas das direccións das cartas que estaban incompletas, pero que antes chegaban, agora non chegan: devólvense ó orixe. Pasado un mes, en outubro, cambian de novo a esta carteira. Agora moitas direccións xa están correctas, e a xente xa colocou o buzón e o nome nel, pero a carteira non atopa moitas casas, e limítase en moitos casos a entregar as cartas certificadas. No mes de novembro volven a cambiar á carteira, e volta a empezar.

A  SOLUCIÓN: Os veciños comprométense a colocar os buzóns nas casas. O alcalde debería sinalizar as rúas e poñer os números, tras realizar as oportunas correccións pois moitos números están repetidos na numeración feita polo concello. Unha vez feito isto, se o servizo non funciona correctamente será culpa de correos, non dos tomiñeses.

 

Repercusións na prensa escrita

faro211104.jpg (197128 bytes) voz211104.jpg (197744 bytes) atlan231104.jpg (181102 bytes)
Faro de Vigo do 21/11/04 La Voz de Galicia do 21/11/04 Atlántico Diario do 23/11/04
faro011204.jpg (166275 bytes)    
Faro de Vigo do 1/12/04    

 

Repercusións na radio

 

Repercusións en internet (preme para mirar o enlace)

 

Hosted by www.Geocities.ws

1