Carlos E. Encisa de Sá
Asociación de veciños de
Santa Mª de Tebra
Casa social de Tebra -
barrio igrexa s/n
Tomiño
Novembro de 2004
Sr.
Xefe provincial de Correos:
Como presidente da Asociación de Veciños de Santa María de Tebra (Tomiño-Pontevedra) diríxome a vostede en nome dos veciños para transmitirlle o noso profundo malestar polo deficiente servizo que se presta nesta zona.
O val de Tebra está separado 7 quilómetros do centro de Tomiño, onde a oficina de correos pecha ás 12 da mañá de luns a venres e os sábados ás 11. Ata o pasado mes de agosto o reparto producíase nesta zona tan só dúas veces por semana, que xa se pode considerar escaso, pero nestes últimos 3 meses apenas houbo reparto, limitándose en moitos casos á correspondencia certificada.
Entendemos que a dispersión nas zonas rurais dificulta o traballo dos repartidores, pero pensamos tamén que non ten xustificación que nos últimos catro meses realizaran xa o reparto catro persoas distintas. Deste modo resulta imposible que se faga este servizo público de forma correcta.
Solicitamos desa xefatura provincial se poñan os recursos humanos e técnicos necesarios para resolver estas deficiencias de inmediato e anunciámoslle que mentras non se resolvan continuaremos reclamando os nosos dereitos como cidadáns.
En espera de solucións despídese atentamente,
Carlos Encisa de Sá (DNI 36107653-E)
Presidente da Asociación de veciños de Santa María de TebraOs abaixo firmantes solicitan da Consellería de Política Territorial, Obras