g@lici@-suroeste edición electrónica    

[email protected]

 

Principal ] Arriba ] A Guarda Noticias ] O  Rosal ] Oia ] [ Tomino ] Tui ] Comarca ] Valenca ] Outras Novas ]

PORTADA

HEMEROTECA

MARIÑA

CONCELLO DA GUARDA

DEPORTE

CULTURA

ENSINO

DEMOGRAFÍA

GUÍA DO OCIO

CITAS E CONVOCATORIA

REPORTAJES

Foz do Minho

CAMINO DE SANTIAGO

FESTAS DO MONTE

ATLÉTICO GUARDÉS

PARROQUIA STA. MARÍA

RÚAS DA GUARDA

COUSAS DA GUARDA

ARQUIVO DIXITAL AEREO

ENTREVISTAS

FOTOSAYER

Patrimonio arquivo e documentación

Arquivo Municipal

COLABORACIÓNS

BIBLIOTECA

DICCIONARIO

CONSULTOR estudiante

LITERARIA

AXENDA

MEDAS 21

EXFIMIÑO

S. XEROME EMILIANI

COMUNICADOS

PÁXINA ABERTA

ENLACES

BUZÓN DE EMPREGO

DIRECTORIO

TOMIÑO

Informa BETI REY

Luns, 22 de novembro de 2004

O deficiente servicio de Correos de Tomiño mobiliza aos veciños de Tebra

O pasado sábado, 20 de novembro, máis de cen veciños de Tebra responderon á convocatoria da asociación de veciños de Santa María de Tebra para protestar polo deficiente servizo de correos e, ás dez da mañá, presentáronse na oficina central de Tomiño onde, cada un, asinou a súa correspondente reclamación. Ademais, cada veciño selou unha carta dirixida a si mesmo, para comprobar se nos vindeiros días se arranxan os problemas e esta carta chega ao seu destino, e dicir, ao seu propio domicilio.

Os veciños levan tres meses indignados porque apenas hai reparto, limitándose na maioría dos casos ó correo certificado. No caso dunha veciña, Irene, unha carta do INEM chegoulle varias semanas despois da data na que se tiña que presentar para un traballo, polo que perdeu a oportunidade dun emprego.

 

Ademais protestan porque nos últimos catro meses tiveron catro repartidores de correo distintos, e iso, din, inflúe para que o persoal de correos non poida realizar ben o seu traballo; quéixanse tamén polo reducido horario da oficina de Tomiño, que pecha ás doce da mañá, e os sábados ás 11. Este sábado, debido á cantidade de xente que acudiu, a oficina estivo colapsada dende ás 10 da mañá ata pasada a hora de peche, co que a atención ó público tivo que ampliarse ata ás 11:30.

O presidente da asociación veciñal, Carlos Encisa, enviou ademais un escrito ó xefe provincial de Correos trasladándolle as queixas dos veciños.

.

CdT presenta una queja formal ante el delegado de Correos por el mal funcionamiento del servicio

Centristas de Tomiño (CdT), en un escrito dirigido al Director de la Delegación de Correos en Galicia, se queja formalmente del funcionamiento del servicio de reparto en la mayoría de las quince parroquias de Tomiño, aprovechando también para proponer la mejora de la recogida de correspondencia y envíos postales.

Según CdT, Correos está aplicando desde hace unos años, en los municipios de marcado ámbito rural, como sucede en Tomiño, una política de concentración de “carteras” y de precariedad y temporalidad de los nuevos puestos de trabajo.

Esta política que hasta hace poco –según CdT- no había presentado grandes problemas con el reparto, se está manifestando desde hace unos dos meses de forma muy preocupante, en muchas parroquias de Tomiño, donde la distribución se reduce a un día a la semana o incluso con intervalos mayores, lo que provoca que mucha correspondencia llegue fuera de plazo (entre las parroquias afectadas se cita, entre otras, Amorín, Currás, Carregal, Santa María de Tebra, San Salvador y Vilameán).

Por este motivo la plataforma política exige, en su misiva a la sociedad estatal de Correos, contratar más personal o ampliar el horario de los actuales trabajadores y extender la colocación de “buzones”, para facilitar los envíos ordinarios (actualmente algunas poblaciones, como Vilachán do Monte, en la parroquia de Barrantes, o Carregal, en la parroquia de Amorín, tienen que desplazarse varios kilómetros para depositar una carta).

En este mismo contexto, CdT también considera que la Oficina de Tomiño y Goián tienen que mejorar el servicio ampliando su horario de atención al público ya que es extremadamente reducido y muchas personas se ven obligadas a desplazarse hasta la Oficina de Tui, incurriendo en gastos que en muchas ocasiones duplican o triplican el coste. 

Según Jesús Castiñeira estas reivindicaciones se justifican, además de en la ya deficiencia notoria de este servicio público, en la propia esencia del mismo, que no ha de centrarse tanto en el beneficio económico como en la atención al ciudadano.

 

Sábado, 20 de novembro de 2004

A Agrupación Musical de Goián celebra hoxe sábado a Festividade de Santa Cecilia

            A Agrupación Musical de Goián celebra hoxe, sábado, a Festividade de Santa Cecilia, Patroa dos Músicos. Ás  sete desta tarde, na Igrexa Parroquial de Goián, celebrarán unha misa na honra da Santa, e a continuación a banda de música ofrecerá un concerto.

 

ADETO celebrou Asemblea Xeral na que informou que este ano non se farán cargo do alumeado de Nadal

            A pasada semana a Asociación de Comerciantes de Tomiño, ADETO, celebrou Asemblea Xeral Ordinaria, á que acudiu un maior de asistentes que nas últimas convocatorias, do que se aledou a presidenta deste colectivo, Belén Alonso. Tres novas persoas se incorporaron á directiva.

            Na sintonía da Radio Municipal de Tui, Belén Alonso, explicou os puntos abordados, e sinalaba así que ós asociados explicáronlles que o imposto da nova depuradora que entrou en servicio é o que está a cobrar o Concello de Tomiño. Deron conta tamén do resultado da Campaña de Puntos que en colaboración con Caixanova realizaron durante un ano. Belén Alonso amosouse satisfeita do resultado desta campaña na que repartiron 34 mil euros en valor dos puntos, que se reinvestiron nos regalos repartidos.

            ADETO anunciaba nesta Asemblea que este ano non se van facer cargo do alumeado de Nadal xa que nos últimos anos era moi laborioso recadar tódolos cartos precisos para iluminar o centro urbano, na zona máis comercial, e recibían amais as criticas dalgúns asociados. Por elo este ano Tomiño terá só o alumeado que o Concello instale.

            Belén Alonso avanzaba tamén que o sábado 27 van celebra-la Festa da Rosca con chocolate. Os panadeiros de Tomiño donarán as roscas, o chocolate apórtao Chocolates Antoxo, e o concello aporta carpa e animación musical. Haberá taza conmemorativa que se venderá ó prezo de 2 euros.

            En ADETO van facer lotería de Reis que repartirán entre os asociados. E durante esta temporada de festas terán coma sempre o sorteo de agasallos en colaboración coa Federación Comercial de Comercio.

 

Xoves, 18 de novembro de 2004

Asemblea Xeral de ADETO na casa de Cultura de Tomiño hoxe xoves

            A Asociación de Comerciantes de Tomiño, ADETO, celebra hoxe, xoves, ás nove da noite Asemblea Xeral na Casa de Cultura de Tomiño.        

            Os asuntos que tratarán na orde do día son o Estado de contas do exercicio 2004, as actuacións realizadas ante o intento do concello de Tomiño de recadar o imposto de sumidoiros e acometida, e o resultado da Campaña de puntos e as súas contas

            Abordarán tamén o Alumeado de Nadal, a próxima festa da rosca tomiñesa con chocolate, a campaña de Nadal e Reis, os agasallos da cabalgata de Reis e a Lotería de Reis.

            Rematarán coa quenda de rogos e preguntas.

 

Mércores, 17 de novembro de 2004 

Magosto en Tebra

            A Asociación Cultural “Val do Cereixo” de Santa María de Tebra en Tomiño, organiza un magosto para este domingo na Casa Cultural de Tebra.

            A cita será a partires das catro e media da tarde e terán castañas e viño. Tamén realizarán un concurso de repostería e outro de viño. Está prevista amais a actuación dos regueifeiros Benito e Luís de Vigo.

.

Encontro de Corais en Tomiño

            A Casa de Cultura de Tomiño vai acoller este sábado ás nove e media da noite un Encontro de Corais. Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura de Tomiño, e forma parte da Programación Cultural de Outono.

            Neste encontro participarán as corais do Centro Social de Pola de Laviana de Asturias, a Coral Polifónica Maruxía de Bueu e a Coral Polifónica de Tomiño.

 

Sábado, 13 de novembro de 2004

Concerto da Coral Ad Libitum en Tomiño

            Dentro da programación do “Outono Cultural” de Tomiño mañá, domingo, ás doce do mediodía, a igrexa de Santa María de Tomiño acollerá un concerto da Coral “Ad Libitum” baixo a dirección de Isilda do Amaral Margarida. Esta actividade forma parte do programa “Sons de Fronteira” que organiza a Fundación Comarcal do Baixo Miño.

 

Venres, 12 de novembro de 2004

Festas na honra  a San Martiño en Currás

            En Currás, en Tomiño, teñen festas na honra a San Martiño mañá, sábado. Ás doce do mediodía haberá misa solemne con sermón e procesión acompañada polo grupo de baile “Nosa Señora do Alivio”. Pola noite a verbena estará amenizada polas orquestras Nueva Moda e D’Tacón.

            O recinto estará cuberto por unha carpa, e haberá castañas asadas e viño novo para os asistentes.

 

Xoves, 11 de novembro de 2004

“Crimes Anónimos” con “Nove Dous Teatro” no Auditorio de Goián

            O Auditorio de Goián acolle mañá, venres, ás nove da noite, a representación de “Crimes Anónimos” a cargo de “Nove Dous Teatro”. Esta actividade insírese na programación de Outono de Tomiño e no circuíto cultural “Galicia nos Sentidos” do Xacobeo 2004.

            “Crimes Anónimos” é unha comedia que trata o crime coma arrebato, os malos tratos físicos e psíquicos de homes a mulleres e de mulleres a homes. Os actores dan vida a máis de corenta personaxes, e o espectáculo componse de varias escenas individuais que teñen vida propia conexas entre si polo tema e pola música.

            “Nove dous teatro”, a compañía que levará a escena “Crimes Anónimos”, creouse en 1996 no Carballiño coa idea de facer unha plataforma estable para o traballo e a creación teatral en tódalas súas vertentes.

 

Sábado, 6 de novembro de 2004

Cinco espectáculos este mes dentro do Outono Cultural de Tomiño

            O Concello de Tomiño vai disfrutar, ó longo deste mes, de cinco espectáculos dentro da súa programación do “Outono Cultural”. Estas citas chegarán organizadas pola Concellería de Cultura e nalgúns casos dentro dos programas Galicia nos Sentidos 2004 e Sons de Fronteira.

            O primeiro dos espectáculos celebrarase este venres no Auditorio de Goián. A cita será coa compañía “Nove Dous Teatro”. Esta agrupación creábase en 1996 no Carballiño co obxectivo de ofrecer unha plataforma estable para o traballo e a creación teatral.

            A segunda cita do “Outono Cultural” neste mes será o domingo  e neste caso dentro do programa “Sons de Fronteira” que organiza a Fundación Comarcal do Baixo Miño. A igrexa de Santa María de Tomiño acollerá un concerto da Coral “Ad Libitum” baixo a dirección de Isilda do Amaral Margarida. O concerto comezará ás doce do mediodía.

            O sábado, día 20, prográmase o “Encontro de Corais” na Casa de Cultural de Tomiño. A partires das nove e media da noite actuarán a Coral do Centro Social de Pola de Laviana de Asturias, a Coral Polifónica Marusía de Bueu e a Coral Polifónica de Tomiño.

            O mes rematará con dúas novas propostas o sábado 27 e o domingo 28. O sábado, de novo no ciclo “Sons de Fronteira”, o Auditorio de Goián acollerá o espectáculo “Missa Magníficus”. E o domingo a Igrexa de Estás será o escenario dun concerto da coral “Ad Libitum”.

 

(Redacción) Venres, 5 de novembro de 2004

Acto de presentación da proposta de Novo Estatuto en Tomiño

    Hoxe, venres, terá lugar no Hotel Nova colina, de Tomiño, ás nove da noite. a presentación do Novo estatuto que propón o BNG.

    A prestación do Novo Estatuto correrá a cargo de Rosa Darriba, deputada no Parlamento Galego e Santiago Domínguez Olveira, membro da Executiva Nacional do BNG.

    Esta formación política quere consensuar a súa proposta de Novo Estatuto de Nación co conxunto da sociedade galega e concebir a elaboración desta iniciativa como froito da participación cidadá.

    Dende o BNG enténdese que o traballo parlamentario é fundamental, pero o debate, engaden, non se debe esgotar nas institucións, polo que, insisten, ten que saír á rúa e estar alí onde está a xente. O Novo Estatuto, conclúen desde a formación nacionlista, ten que ser o reflexo das aspiracións de maior autogoberno que ten a imensa maioría dos cidadáns  deste país.

 

Luns, 1 de novembro de 2004

CdT califica de  “insuficientes” los presupuestos de la Xunta para la comarca del Baixo Miño

Centristas de Tomiño considera que la Propuesta de Presupuestos para el año 2005, presentado por la Consellería de Economía e Facenda, son insuficientes para la Comarca, al no recoger los grandes proyectos necesarios para el desarrollo y dinamización económica y social que necesita O Baixo Miño.

En este sentido lamentan que tan sólo se habiliten 3.500.000 Euros de los 65.160.902 en los que se halla presupuestada la construcción de la Vía de Alta Capacidad Tui-A Guarda, de los cuales 3.000.000 se destinan única y exclusivamente a expropiaciones, con lo que prácticamente esta infraestructura no avanzará durante el transcurso del año 2005.

Por otra parte, según CdT, el presupuesto de esta Vía se ha elaborado en los “Orzamentos Xerais” sobre la alternativa 2, con lo que se confirma que esta es  la opción por la que opta definitivamente la Xunta de Galicia.

Según esta formación política se echa en falta la ejecución de proyectos como el saneamiento integral del río Miño; la municipalización del agua en los núcleos urbanos que carecen de suministro público, como ocurre en el Concello de Tomiño; el alcantarillado en las parroquias, que se despacha con acciones muy puntuales englobadas de forma genérica; se desconoce la dotación destinada a los nuevos polígonos de Tebra y de O Rosal-A Guarda; no se contempla ningún tipo de proyecto (parque temático) encaminado a la captación turística; etc.

Por lo que se refiere al Área Metropolitana, como tal ente, tampoco se le dota de consignación alguna, por lo que se puede entrever que la Xunta no apuesta, de momento, por el arranque y autonomía de la misma, lo que es loable si no se tienen las ideas muy claras con su encaje en el actual mapa comarcal.                    

El Nuevo Hospital se ubicará definitivamente en Vigo, en contra –dicen- de los intereses de los propios usuarios y de la Comarca. En este aspecto el portavoz de CdT, Jesús Castiñeira, considera que “el hecho de llevarlo a Vigo es por presiones puramente políticas de la Alcaldesa de esa ciudad, por lo que nuestra Comarca non puede renunciar a la legítima aspiración de cubrir sus necesidades con un Hospital de Distrito propio”.

También sigue sin confirmarse la promesa realizada por el anterior conselleiro de Sanidad en el sentido de crear un nuevo centro de salud en Tomiño, aunque se habilita una partida genérica para estos fines.

Si se hace la comparativa con otras comarcas, como Deza, Vigo, Condado, Morrazo, Salnés o Pontevedra, el Baixo Miño, a juicio de la plataforma independiente, es una de las que peor parada sale, en unos presupuestos en los que se reduce considerablemente las inversiones de la CPTOV con respeto al ejercicio anterior.

 

Hosted by www.Geocities.ws

1