Proxecto
Cántigas da Ulla
Teño un amor na montaña,
teño un amor
montañés.
Teño un amor
na montaña
e na Ulla
teño tres.
A
Asociación Raiceiros desenvolverá ó longo do ano 2009 un novo proxecto
consistente en recoller e posteriormente difundir as tradicionais
coplas ou cántigas da Ulla. En breve achegaremos máis información sobre
a iniciativa.
Foto: J.
Manuel Vilas 2008
A mostra
sobre Gundián, na Casa dos Peóns
En
colaboración co Concello de Vedra, Raiceiros expón actualmente na Casa
dos Peóns (oficina de información turística) de San Pedro de Vilanova
(Vedra) a mostra sobre os 50 anos da ponte de Gundián. Pódese ver no
horario de atención ó público, de 9 a 14 horas. Tanto
a publicación vencellada a esta mostra, 'Gundián. Un achegamento a unha
paisaxe natural e humana' como a anterior publicación de Raiceiros, a
guía 'O Val do Ulla. Unha comarca natural' poden mercarse en: - A
Estrada: librerías Faro e Alberte Quiñoi - Santiago:
librerías Couceiro, Follas Novas e Gallaecia Liber - Teo:
librería O Trasno Viaxeiro, de Cacheiras - Vedra: na
antiga reitoral da Ponte Ulla, sede da Asociación de Veciños 'Virxe de
Gundián'
|