RAICEIROS.ORG - WEB DA ASOCIACION RAICEIROS
NOVAS
QUEN SOMOS
PROXECTOS
CANTIGAS
GUNDIAN
O VAL DO ULLA
A REQUINTA
ACTIVIDADES
MUSEO VIRTUAL
CONTACTO

A mostra sobre Gundián, en San Miguel de Castro (A Estrada)

A mostra que conmemora o 50 aniversario do viaduto ferroviario do Gundián sobre o río Ulla elaborada pola Asociación Raiceiros chega o domingo 12 de xullo ó local social de San Miguel de Castro (A Estrada), onde se poderá ver de 12 a 2 e de 5 a 9.

A exposición, que leva por título 'Gundián. Un achegamento a unha paisaxe natural e humana' poderase ver en San Miguel de Castro grazas á colaboración da Asociación de Veciños O Castro e do Concello da Estrada.

A parroquia estradense de San Miguel de Castro, que é atravesada pola vía férrea Zamora-A Coruña, foi unha das máis involucradas na construción deste viaduto hai medio século pola súa proximidade, razón pola que ducias de veciños participaron nas obras da ponte ou da vía..


Cántigas da Ulla

Teño un amor na montaña,
teño un amor montañés.
Teño un amor na montaña
e na Ulla teño tres.

Raiceiros está a desenvolver na actualidade o proxecto 'Cántigas da Ulla', que inclúe a recollida de coplas e outras cancións da tradición oral da xente da Ulla, co obxectivo de difundilas despois a través dunha publicación. A imaxe baixo estas liñas é da sesión de recollida desenvolvida o 13 de maio no Centro da Terceira Idade de Vedra.

Recollida de coplas en Vedra © Raiceiros 2009

© raiceiros 2009


Colaboración coa Festa do Viño da Ulla

Raiceiros, como fai desde hai anos, colaborou na edición do 2009 da Festa do Viño da Ulla achegando un artigo que se pode ler aqui: http://www.festadovinodaulla.com/?q=gl/node/307 


Raiceiros, no encontro EMAX en Santiago

Raiceiros asistiu os días 7 e 8 de febreiro de 2009 ó III Encontro-Mostra Asociativa Xuvenil (EMAX) de Galicia e Norte de Portugal, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia. A sede é o pavillón Multiúsos Fontes do Sar en Santiago. Raiceiros comparte un posto coa Asociación Cultural San Campio de San Miguel de Sarandón (Vedra). 

RAICEIROS NO ENCONTRO EMAX

© raiceiros 2009

A mostra sobre Gundián, en Vedra e A Estrada

En colaboración co Concello de Vedra, Raiceiros levou a San Miguel de Sarandón o 5 de abril do 2009 a mostra sobre os 50 anos da ponte de Gundián, coincidindo coa celebración da Festa do Viño da Ulla.

Posteriormente levouse ó Colexio de Oca (A Estrada), onde rapazas e rapaces puideron coñecer con detalle a riqueza cultural do contorno do Gundián, e iniciarán proximamente un proxecto de recuperación de lendas.

Tanto a publicación vencellada a esta mostra, 'Gundián. Un achegamento a unha paisaxe natural e humana' como a anterior publicación de Raiceiros, a guía 'O Val do Ulla. Unha comarca natural' poden mercarse en:

- A Estrada: librerías Faro e Alberte Quiñoi

- Santiago: librerías Couceiro, Follas Novas e Gallaecia Liber

- Teo: librería O Trasno Viaxeiro, de Cacheiras

- Vedra: na antiga reitoral da Ponte Ulla, sede da Asociación de Veciños 'Virxe de Gundián'

O VIADUTO DO GUNDIAN

© manuel vilas 08



© Asociación Raiceiros 2002-2009. Web creada en maio de 2002 e actualizada en maio do 2009

Hosted by www.Geocities.ws

1