| Cap�tulo 9 No restaurante LECTURA No restaurante Cando lle chegou o xiro a Carlos, o compa�eiro de pensi�n de Henrique, gardou todos os cartos nunha carteira que meteu no peto de atr�s do pantal�n. Aquel d�a no autob�s desapareceulle a carteira, e a�nda que tivo a sorte de que lla volvesen, papou un susto bo. Para celebralo, Carlos convidou a Remedios, Mercedes e Henrique a cear na "Casa Toxilde", unha especie de restaurante de segunda. Sent�ronse os catro nunha mesa e de seguida chegou o camareiro coa carta. Carlos leuna en voz alta: ENTREMESES-SOPAS CARNES-OVOS-PEIXES CARNES-OVOS-PEIXES Sopa polo asado bist�s de raxo caldo galego carne asada bist�s de tenreira Consom� con ovo tortilla de esp�rragos costelas Raci�n de ameixas tortilla de xam�n lingua con tomate Raci�n de mexill�ns tortilla de ch�charos riles con xerez fiambres ovos estrelados cocido especial da casa gambas con allo pescada frita orella (raci�n) esp�rragos con maionesa pescada � cazola f�gado (raci�n) calamares fritos pescada � galega rox�ns (raci�n) calamares na s�a tinta pescadi�as enroscadas callos leituga linguado meunier polbo con allo linguado frito pementos ensalada rusa fabada asturiana SOBREMESAS pi�a melocot�ns queixo flan con nata froita do tempo xelado pan Vi�o Ribeiro branco Vi�o Ribeiro tinto Ribeiro especial Clarete corrente O camareiro, namentres, �alles po�endo os pratos, os coitelos, as pas, os cubertos, as culleres, os vasos e os panos de mesa. -Se queren caldo ou sopa, tr�iolles un prato fondo, se non, os dous planos supo�o que lles chegar�n. -�De que est� feito o caldo galego?- preguntou Mercedes. -De moitas cousas: unto, u�os, algo de cachola, algo de xarrete de vaca; iso para lle dar gusto. E logo ten grelos, fabas, patacas: como o caldo da casa. -Pois eu quero un caldo e bist�s de raxo- dixo Mercedes. -Eu tam�n- dixo Carlos. -Para min traia un consom� con ovo e un cocido especial- pediu Henrique, que pasa m�is fame na pensi�n ca un raposo. -Eu prefiro un caldo de primeiro e unhas pescadi�as enroscadas de segundo- dixo Remedios. -�E de sobremesa? -De sobremesa tr�ianos a todos flan con nata- dixo Henrique, facendo de portavoz oficial. -�Vi�os? -Ribeiro branco. -A min tinto non che me disgusta- dixo Mercedes. -Pois un d�a � un d�a; traia d�as botellas de branco e d�as de tinto, e un bo molete de pan de Santiago. A comida non tardou moito, as� que se puxeron os catro axi�a moi ledos (polo vi�o) e contentos (de estar fartos). O caf� acordaron tomalo nun dos caf�s do Ensanche, e al� os rapaces completaron a festa tomando unhas copas de bagazo. -�Estando catro non imos ir a unha sala de festas?- dixo Carlos de s�peto, como se non fose unha das cousas que xa argallaran el e Henrique na casa. -Cae de caix�n- dixo Henrique. E al� os temos no "Tebras", bailando coma parafusas, despois de pedir eles uns whiskys e as rapazas uns "gin con laranxada". Pero, ao cabo, a festa non rematou tan ben para Henrique como os rapaces coidaban, pois, a�nda que Carlos e Remedios acabaron algo amarteladi�os, Mercedes non se animou, porque lle quer�a gardar ausencias ao seu mozo Xos� Mar�a. |