| Capítulo 7 Unha viaxe Lectura Unha viaxe Hoxe pola mañá cediño ergueuse Carme para ir á Coruña. Ten alí unha amiga e vaina ver para que lle deixe uns temas de oposicións. Tivo que ir primeiro á vila e alí coller o tren. Cando baixou do coche de liña foise para a estación sacar o billete. Non tivo que gardar vez pois era cedo e en canto abriron a taquilla e sacou o billete foise á cantina tomar un café con leite. Polas vías andaban ferroviarios traballando. Ás dez en punto veu o ferrobús, pero no puido saír; segundo dicían no vagón, tiña que agarda-lo cruce co expreso. Pasou bruando sen se deter; case ao mesmo tempo, o xefe de estación déulle-la saída. Ían poucos naquel vagón, e non lle deron moito traballo ao revisor cando pasou a picar os billetes. Cruzáronse máis adiante cun correo e cun automotor e, sen máis novidades, chegaron á Coruña. A viaxe de volta foi máis rápido, pois fíxoa nun coche de liña que non tiña moitas paradas. Tocoulle un asento con xanela e lonxe da porta. O cobrador andaba atafegado dando billetes e, de cando en vez, tiñase que subir ao escadín para dar algún vulto dos que ían enriba do coche. A estrada era boa, asfaltada, menos un cacho en que estaban os lagoeiros amañando foxos, uns quilómetros antes de chegar á vila. ¿Non é verdade que viaxes así fan ferver o sangue a un santo? Lectura en CASTELLANO Lettura in ITALIANO Lecture en FRANÇAIS Reading in ENGLISH |