| 7 TEXTO LITERARIO O vello que quer�a ver o tren de Rafael Dieste, Dos Arquivos do Trasno Rafael Dieste (Rianxo, 1899 - Santiago de Compostela,1981), Premio D�a das Letras Galegas 1995, profesor, escritor e xornalista, dende a s�a mocidade colabora con varias publicaci�ns coma escritor e redactor. En 1926 publica Dos arquivos do trasno, unha colecci�n que empezou con oito relatos breves, aos que �a engadindo ao longo da s�a vida ata chegar a unha edici�n de 20 relatos. Ingresa no Seminario de Estudios Galegos en 1927 coa lectura dunha peza de teatro que trata de temas do mar, A fiestra baldeira, que foi estreada en 1935. Colabora con moitas producci�ns antifascitas durante a Guerra Civil e en 1939 ex�liase en Buenos Aires. � lector de lingua espa�ola en Cambridge de 1949 - 1952, mais en 1961 volve definitivamente a Galicia. Entra na Real Academia Galega en 1970. En 1981 publica Antre a terra e o ceo, unha antolox�a das s�as prosas xornal�sticas. O seguinte texto � do Dos Arquivos do Trasno ed. Galaxia, Vigo 1999, p. 51 - 53. Eran de al� da monta�a. .. Dunha desas aldeas de nome bravo e silvestre que repousan perdidas entre calados cumios. �Longa viaxe fixeran - no rexo carro de bois, que rinchaba, xem�a e daba tombos polos agres cami�os montes�os- para lle dar cumprimento ao antollo do vello! Moito tempo tivera segredo aquel desexo. Un d�a, coa mimosa cortedade dun neno que pide unha lambetada posta, coma nun altar, nos m�is altos andeis do almario, o av�, tatexou o seu capricho. El nunca vira o tren. El non quer�a morrer sen ver o tren. A filla e o xenro riron boamente daquela toler�a. O pobre do vello, non ti�a volta, estaba xa un pouqui�o lelo. �Pasaba a v�a tan lonxe! E ademais, �que demos lle importaba aos seus anos ver o tren? En troques, o neto p�xose da parte do av�. E petou testarudo cos zoqui�os no chan. �Eu quero ver o tren! �Eu quero ver o tren! �Al� vi�a xa o tren, unha riola de monstruos ben mandados, co alteiro capit�n de ferro ao frente! �Medraba, medraba! Salaios de condanado, sichos brancos, topadas, trasacordos, e de seguida todo ficou en gran silencio diante dos ollos aglaiados dun labrego vello e dun neno que aquel d�a estreara uns zoqui�os novos. Foi s� un pequeno intre de repouso. Non baixou ning�n viaxeiro. C�seque ningu�n asomou �s ventani�as. Subiron moi � pre'sa nun coche de terceira d�as mulleres atrancadas de cestos, m�is torpes canto m�is espavorecidas polo apremio. O tren parec�a sufrir a impertinencia das moitas cortes�as cando se est� con pr�sa. e fuxiu de novo, cheo de indiferencia, como para non se lembrar m�is do pobre apeadeiro apodrecido. |