Mª Isabel Vázquez Abruña
2º Violín
![]()
SEN ACTUALIZAR
María Isabel Vázquez Abruña naceu en Palma de Mallorca o 5 de setembro de 1982. Empezou os seus estudios musicais en Ponteareas, á idade de oito anos.
O seu primeiro concerto, ó igual que algunhas das súas compañeiras, ten lugar no propio Conservatorio en 1992. En 1997 debuta coa Orquesta do Conservatorio, interpretando o seguinte programa: "Sinfonía en sol menor" de A. Vivaldi, "Concerto en Re Menor" de J. S. Bach, o famosísimo "Danubio Azul" de Johann Strauss, entre outras.
A súa primeira profesora de violín foi Ruta Pozniakova. Estivo con ela ata o ano 1999, momento no que a súa profesora pasou a ser Edita Shulman.
En maio de 1999 formou, xunto coas súas cinco compañeiras, o Grupo de Corda Sarabanda. (Para máis información pulsa aquí.)
Coa "Orquesta de Cámara Reveriano Soutullo" tivo a oportunidade de tocar por distintos lugares do territorio español. Actualmente está traballando coa "Orquesta de Cámara Divertimento", coa que actuou en distintos puntos da xeografía pontevedresa (Cambados, Cangas, Tui...). Esta Orquesta tamén ofreceu numerosos concertos didácticos en distintos Conservatorios (Vigo, Ourense, Pontevedra).
Participou esporádicamente con outros grupos, como por exemplo o "Quinteto Sotto Voce".
Na actualidade está cursando 4º de Grado Medio no Conservatorio de Ponteareas, actividade que compaxina cos seus estudios preuniversitarios.