
Raquel Carrera Álvarez
1º Violín
![]()
Raquel
Carrera Álvarez naceu a finais de decembro do ano 1982 en Ponteareas, unha
pequena vila no sur de Pontevedra.
Comezou
os sus estudios musicais á idade de sete anos, no Conservatorio de Grado
Elemental "Reveriano Soutullo" de Ponteareas. Ó ano seguinte ofreceu
o seu primeiro concerto, no que estivo acompañada ó piano pola súa profesora de
violín, a letona Natalia Soltan.
Máis
tarde, a súa profesora pasou a ser Ruta Pozniakova, coa que tivo a oportunidade
de interpreta-lo "Concerto nº6 en La Menor para violín e orquestra"
de A. Vivaldi, acompañada, baixo a batuta da súa profesora, pola "Orquestra
de Cámara do Conservatorio Reveriano Soutullo de Ponteareas" , da que
pasaría a formar parte en xullo de 1994 e coa que daría concertos en Madrid,
Alicante,... así como en diversos programas da Televisión de Galicia e
Televisión Española.
A partir
de aí empezou a participar en diversos cursiños de música. Participou no II
(1996), III (1997) e IV (1998) Cursos de Música "Villa de Mondariz",
celebrados neste concello pontevedrés, nos que os seus mestres foron Manuel
Martínez Álvarez-Nava (profesor de violín e viola do Conservatorio Superior de
Música de Vigo e director titular da Orquestra Clásica de Vigo), o polaco
Wieslav Reckuki e o colombiano Víctor Raúl Cardoso, respectivamente.
En 1998
ingresa, como intérprete de saxofón alto en Mib, na Banda do Conservatorio
Reveriano Soutullo de Ponteareas, dirixida polo tamén ponteareán José Fernández
Prego.
En
outubro do mesmo ano participou nun curso de dirección e práctica orquestral en
Vigo, impartido polo norteamericano James Ross, no cal puido interpretar obras
como a 8ª Sinfonía de Dvorák, a obertura "Cosí fan tutti" de Mozart,
"As Criaturas de Prometeo" (Obertura) de Beethoven,...
En maio
de 1999 formou, xunto coas súas cinco compañeiras, o Grupo de corda
Sarabanda (Para máis información pulsa aquí).
Dous
meses máis tarde, volveu participar nun curso de práctica orquestral,
(interpretando obras como "O Entroido Romano" de Berlioz, a 5ª
Sinfonía en Do Menor de Beethoven ou "O Soño dunha Noite de Verán" de
Mendelssohn) tamén a cargo de James Ross e no seminario "Música, Mito,
Cine e Literatura, impartido por Roberto Relova (director e profesor de
Historia da Música no Conservatorio Superior de Música de Vigo) ámbolos dous
celebrados en Panxón, provincia de Pontevedra.
A finais
do ano 1999, abandona a Orquestra de Cámara do Conservatorio para pasar a
formar parte da plantilla da nova Orquestra Sinfónica
"Reveriano Soutullo", nacida no seo da Fundación Reveriano
Soutullo.
No ano
2000 acode a varios encontros na cidade da Coruña coa Xove Orquestra
Sinfónica de Galicia, coa que ten a sorte de poder interpretar algunhas das
sinfonías de Bruckner, así como en Semana Santa interpretar xunto co Coro de
la Orquestra Sinfónica de Galicia, o "Gloria" de A.
Vivaldi, baixo a dirección do mallorquín Joan Company.
En agosto
de 2000 participa nun encontro coa "Orquestra Sinfónica del Sur de
Galicia", coa que viaxou a Madrid en decembro do ano pasado.
En abril do 2001 acode ó IV Curso de Música Internacional "Manuel Quiroga" celebrado na cidade de Pontevedra, onde recibiu clases de Luis Álvarez.
A finais do 2001 entra a formar parte de plantilla da "Orquestra Clásica de Vigo", orquesta na que segue a traballar, actividade que compaxina cos seus estudios de Grado Superior no Conservatorio Superior de Música de Vigo.