Lara Soto González

2º Violín

 

 

Lara Soto González naceu en xullo de 1985 no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño.

É a súa nai a que a inscribe no conservatorio de Ponteareas á idade de sete anos. Aínda que tan só levaba estudiando cinco meses, actúa nun concerto ofrecido no propio conservatorio, no que se estaban presentes tanto os alumnos como os pais destes alumnos.

A súa primeira profesora de violín é de orixe letona, Edita Shulman, e segue a se-la súa profesora na actualidade. Tamén tivo a sorte de recibir clases de Enrique Agrelo e de Leonardo Blanco.

Aínda que a súa experiencia orquestal non é moi ampla, temos que menciona-lo seu ingreso no a no 1996 na Orquesta de Cámara do Conservatorio Reveriano Soutullo. Estivo en activo nesta orquesta ata a súa desaparición no ano 1999, ano no que comezou a traballar coa Orquesta Sinfónica do Sur de Galicia, na que é concertino da sección instrumental dos 2º violíns.

En maio de 1999 formou, xunto coas súas cinco compañeiras, o Grupo de corda Sarabanda (Para máis información pulsa aquí).

Tamén tivo a oportunidade de poder tocar en grupos como "A Quenlla" ou "Treixadura". Lara está a recibir, asímesmo, clases de baile folclórico galego.

O pasado verán acudiu ó encontro celebrado pola Orquesta Sinfónica do Sur de Galicia, encontro no que se prepararon obras como "West Side Story" ou a "6ª Sinfonía" de F. Shubert.

En abril do 2001 acode ó IV Curso de Música Internacional "Manuel Quiroga" celebrado na cidade de Pontevedra, onde recibiu clases de violín por Luis Álvarez e  de música de cámara da man de G. Fedorenko, volvendo a Pontevedra ó ano seguinte para a celebración do V Curso "Manuel Quiroga".

Este ano cursará os seus estudios de 5º de Grado Medio no Conservatorio Superior de Müsica de Vigo.

Ir a páxina principal

AnteriorSeguinte

Hosted by www.Geocities.ws

1