Noelia Bargiela Araújo
2º Violín
![]()
Noelia Bargiela naceu en Ponteareas o 17 de febreiro de 1982. Empezou os seus estudios de música, ó igual cás súas compañeiras, no conservatorio de música desa vila ó redor do ano 1989.
A súa primeira profesora de violín foi a letona Ruta Pozniakova, despois continuaría os seus estudios co profesor Enrique Agrelo.
Traballou coa Orquesta de Cámara do conservatorio no que estudiaba. Máis tarde pasou a formar parte da Orquesta de Cámara Divertimento, coa que participou no "Ciclo Ibérico de Música Sacra" na Catedral de Tui (coa participación do solista de frauta Miguel de Santiago), en San Francisco de Cambados, na Colexiata de Cangas (esta vez acompañando á coral da Escola de Música de Porriño), en concertos da festividade das Letras Galegas e de Nadal en Ponteareas, así como noutros lugares da provincia de Pontevedra (Goián, Salvaterra de Miño,...).
Durante o mes de xullo de 2001 realizou un cursiño de práctica orquestal e interpretación, co profesor Algiras Pocius, no que traballou as seguintes obras: "Suite Antigua", de Vladisláv Shutt; "Suite 10 visións" de Yrgi Pouer e "Suite-ballet" de Francis Poppy.
Acaba de comezar cos seus estudios de 6º de Grado Medio no Conservatorio de Música de Ponteareas.