Cargando...
   
Páxina en Obras
.
O estudantado galego contra a revalida
Os Comités Abertos de Estudantes (CAE) e os Comités Abertos de Escola e Faculdade (CAF), queremos facer patente o noso profundo rexeitamento do Real Decreto de desenvolvimento da Lei de Ordenación da Calidade do Ensino (LOCE) que, aprobado polo Consello de Ministros do Governo central o pasado venres, 19 de Decembro, regulará o aceso ao ensino superior a partir do próximo ano 2005.

As “novidades” anunciadas no Real Decreto veñen-nos dar a razón a aquelas/es que desde a comunidade educativa viñemos denunciando a falsidade dos anúncios da Ministra de Educación, Pilar del Castillo, proclamando “a fin da selectividade”.

O feito de desapareceren as PAAU actuais non implica que desaparezan as trabas de aceso ao ensino superior, que é o que a maioria do estudantado galego veu demandando nas últimas duas décadas. Moi ao contrário, con esta “reforma” a selectividade actual non só non desaparece senón que se multiplica: ainda que aprobemos todas as matérias do Bacharelato e obteñamos un bon expediente, as/os estudantes veremos como se nos volve examinar outra vez de todo o anterior antes de que nos den o noso título.
Mais, como se a reválida non fose suficiente, agora resulta que as universidades tamén poderán fixar os seus próprios critérios de selección e aceso, que poderán ir desde unha proba escrita até unha simples entrevista persoal. Este non só será un sistema pouco obxectivo e onde se poden ver en perigo os princípios de igualdade, mérito e capacidade; trata-se, ademais, dunha perigosa via para a criazón de centros e titulacións de primeira e de segunda en universidades públicas, onde determinadas e determinados estudantes non nos poderemos matricular ainda que teñamos Bacharelato aprobado. E todo isto sen contar coa selectividade económica (taxas e prezos públicos a cada máis elevados; bolsas a cada máis insuficientes), que non desaparecerá precisamente.

Asi mesmo, rexeitamos o fundo carácter centralista que o MEC dará á futura PGB, impondo-a como proba única para o estudantado de todo o Estado cuns mesmos contidos fixados polo próprio Ministério, dando só a concesión ás “comunidades con lengua co-oficial” de incluiren a maiores unha proba referida á língua e á literatura próprias. Ve-se claramente como o PP quer voltar para o franquismo non só nas formas, mais tamén no fundo.

Os CAE e os CAF facemos un vivo chamamento a toda a comunidade educativa da Galiza para, no marco da Plataforma Galega pola Defesa do Ensino Público, da que facemos parte, artellar unha resposta contundente diante das lesivas políticas educativas do Governo Central do Partido Popular e do desleixo e incapacidade da Xunta á hora de defender as suas competéncias exclusivas en matéria educativa.
Hosted by www.Geocities.ws

1