O traballo dos CAE centra-se nunha actividade reivindicativa- e mesmo mobilizadora- a prol dos direitos e intereses do estudantado galego, denunciando os moitos problemas que afectan o ensino público,que teñen o alunado por principal prexudicado, e exixindo solucións. Historicamente, temo-nos caracterizado por ser a organización estudantil máis reivindicativa e dinámica da Galiza na defesa do estudantado e do sistema educativo público frente ás agresións cometidas contra este.

       O noso traballo completa-se, na liña de transformar o ensino, con todo tipo de actividades dirixidas a rachar coa monotonia e o pasotismo imperante na maioria de centros de ensino e que pretenden espertar a participación directa e o espírito crítico do estudantado: colóquios, conferéncias, exposicións, debates,concertos, confección de revistas, festas tradicionais... son algunhas delas.
  A supresión da selectividade é mentira, coa implantación da Lei de calidade e a LOU lonxe de desaparecer duplicare-se.
(Máis)
   O estudantado galego polo dialogo como único meio para o fin dos conclíctos entre os pobos.
Hosted by www.Geocities.ws

1