| BENVID@ AO WEB DA ASESORÍA XURÍDICA DA ASEMBLEA DE ESTUDANTES DE CIENCIAS POLÍTICAS |
![]() |
¿QUE É A ASESORÍA XURÍDICA? A Asesoría xurídica é unha delegación da Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas, que ten coma funcións axudar aos alumnos nas queixas e recursos que queran facer ante os órganos da USC para a denuncia do incumprimento da lei universitaria por parte dalgún membro da comunidade universitaria ou para reclamar os seus dereitos, e elaborar os textos legais necesarios para a solicitude de que se leve a cabo o recollido en "Propostas da Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas para o curso 2006/2007". As xuntanzas da asesoría xurídica son abertas a tod@s alumn@s da Facultade, e serán anunciadas a través da listaxe de correo da Asemblea. Se queredes poñervos en contacto con esta delegación por que queredes realizar algunha queixa ou por calquer outro motivo escribide un correo electrónico a [email protected]. Pulsando aquí podes consultar o texto aprobado en Asemblea polo que se da lugar a creación da asesoría xúridica. |
| PRÓXIMA XUNTANZA O
DÍA 13-03-2007
O vindeiro Martes 13 ás 17:30h no Local de Alumn@s da
Facultade
celebrarase unha xuntanza da asesoría xurídica,
recorda
que se queres participar ou queres facer algún tipo de
consulta
só tes que pasar por alí. Se queres
poñerte en contacto con esta delegación
tamén podes escribir un correo eletrónico a
[email protected]
NOVA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS
A asesoría xurídica preparou un texto no que se realizan
varias demandas ao respeito do plano de estudos da Lic. en Ciencias
Políticas e da Adminstración na U.S.C.
Na semanda do 19 ao 23 de Marzo colocaranse unhas mesas para que quen o desexe poda apoiar coa súa sinatura estas peticións. Podes consultar aquí o texto íntegro. |
|