PROPOSTAS DA ASEMBLEA DE ESTUDANTES DE CIENCIAS POLÍTICAS PARA O CURSO 2006/2007


A asemblea de estudantes como colectivo aberto recolleu as propostas e problemas dos alumnos a través do buzón de propostas, as mesas colocadas na facultade e o mail. Fai súas as que neste documento se recollen e tentará dentro das súas posibilidades levalas a cabo para o vindeiro curso empregando os medios dos que dispón, facendo presión, avogando polo cumprimento das leis universitarias..

Deste xeito os obxectivos da asemblea son:



  1. Notificación da ausencia dos profesores ás clase con suficiente antelación. Así, cando non vaian acudir consideramos que o deberían avisar por respeto ós alumnos e para un mellor aproveitamento dese tempo, que moitas veces se perde.

  2. A instalación de mesas nos corredores nas que se podan facer traballos en grupo, coma as que existen noutras facultades,

  3. Solicitude de información sobre as decisións institucionais ós organos de goberno da universidade, xa que consideramos intolerabel a actual situción de desinformación total que temos os membros da comunidade universitaria sobre as decisións destes.

  4. A asemblea colaborará na xestión e asesorará ós alumnos nas súas queixas diante dos órganos de goberno da facultade, aportando axuda de todo tipo e os coñecemetos sobre lei universitaria dos seus membros.

  5. Denunciar o reiterado incumprimento da lei universitaria por parte do profesorado. A asemblea comprométese a elevar denuncias ós órganos competentes cando se den situacións deste tipo.

  6. Intalación de aire acondicionado. Esta é unha necesidade porque durante o verán as altas temperaturas impiden o normal desenvolvemento das actividades académicas, ademais de que este servizo estaba incluído no proxecto do edificio.

  7. Realización de clases prácticas que realmente o sexan. Deberían centrarse en actividades que, nun futuro puideran estar ligadas á política ou ó ámbito laboral onde actúen os politólogos.

  8. Non á retirada da quenda da tarde, xa que pode haber persoas que non poidan acudir pola mañá por motivos laborais. Ademais a quenda única limita a calidade das clases pola concentración de tódolos alumnos nunha mesma aula.

  9. Aumento do número de optativas por unha escaseza de elección. Xa que esta é a parte da carreira na que o estudante atópase un pouco máis ceibe para poder elixir o que estuda; esa liberdade debe ser máis real ampliando o número de materias ás que se pode optar a estudar.

  10. Que se imparta unha asignatura de SPSS, por ser unha ferramenta indespensábel no tratamento de datos.

  11. A promoción por parte do centro e da propia asemblea de actividades que propoñan a intervención do alumnado; propostas novas e dinámicas que rompan coa monotonía de xornada de traballo diaria e que chamen a atención do alumno coas que consigan familiarizarse co entorno universitario.

  12. Mellorar a situación da aula de informática no tocante ós horarios e ós recursos.

  13. Mellorar o local de alumnos ou sustitución deste por outro acondicionado con materiais e medios para solucionar as necesidades dos alumnos (ordenadores, arquivos, etc.). Preténdese que este sexa útil para facer traballos, reunións ou para calquera outro uso. Na actualidade este local está compartido polos alumnos de Ciencias Políticas e Relacións Laborais polo que somos partidarios da habilitación dunha das aulas desocupadas.

  14. Actualización da páxina web. Consideramos que esta debería estar actualizada habitualmente e ser un punto de información para os membros da facultade.

  15. Máis postos de estudo con bibliografia básica. Os postos que hai agora resultan escasos sobre todo nos períodos de exames. Ademais ó carecer dunha certa bibliografia (a meirande parte das outras facultades si que dispoñen dela) normalmente temos que desprazarnos á Biblioteca Concepción Arenal. Para solucionar este problema tamén podería ser utilizada unha aula do segundo piso, habitualmente inutilizadas.

  16. Instalación dun panel electrónico á entrada. Disto tamén dispoñen outras facultades. Con el os estudantes e outras persoas da facultade tamén teriamos a oportunidade de nos informar das actividades que se van desenvolver na mesma.

  17. Mantemento dunha regra xeral de convalidación para os alumnos procedentes doutras carreiras sen se produciren trocos dun ano para outro. Estas mudanzas restan estabilidade á carreira e fan que diminúan as posibilidades de que os alumnos doutras facultades se plantexen a posibilidade de nun futuro pasarse de outra carreira para a nosa.

  18. Que a facultade proporcione horarios xa elaborados por cursos que se poidan recoller na fotocopiadora. Así o alumnado poderá ter dende un principio a planificación de clases, exames, etc. de todo o curso sen necesidade de ter que buscar en Internet.

  19. Maior flexibilidade das optativas da carreira no referente ó seu horario. Moitas veces estas optativas non se poden coller por coincidiren con outras asignaturas obrigatorias na hora en que son impartidas. Este feito mingua sensiblemente a liberdade de elección do estudantado, polo que consideramos que debe ser abolido.

  20. Que os profesores se centren máis no programa que se propón ca en outros aspectos. Así os programas deben ser cumpridos e non seren desprezados durante o curso.

  21. Asignaturas de idiomas técnicos coma optativas. Consideramos necesaria pór a inclusión no plano de estudos de idiomas técnicos como asignaturas optativas.



  1. Tarxeta que permita o estacionamento de xeito gratuíto dos estudantes durante as horas de clase.

  2. Avogaremos pola redución das coutas do SUR. Estas especialmente nos últimos anos acostuman a ser desorbitadas en comparación cos servizos que se ofertan.

  3. Convalidación das especialidades da carreira. Así se se cursan as asignaturas de dúas ou tres polas de Ciencias Políticas no título deberían aparecer todas e non unha soa. Así todo o estudado sería recoñecido como tal.




Hosted by www.Geocities.ws

1