Na asesoría xurídica elaborouse este texto que foi asinado por preto de 200 persoas e entregado no decanato para esixir a mellora dalgunhas das necesidades materiais que sufre a nosa Facultade:

Os abaixo asinantes, vémonos na obriga de facerlles chegar unha serie de deficiencias que de forma reiterada ven presentando a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, e que moi ao noso pesar, non amosan síntomas aparentes de solución a curto plazo.

            A nosa intención non é presentar un conxunto de demandas carentes de sentido ou con algún tipo de fin interesado. Polo contrario, entendemos que a seguinte lista de recursos materias que observamos como precarios, deficientes ou inexistentes, é compartida pola meirande parte do estudantado da Facultade.

Hosted by www.Geocities.ws

1