CREACIÓN DUNHA ASESORÍA XURÍDICA XESTIONADA POLA ASEMBLEA DE ESTUDANTES DE CIENCICAS POLÍTICAS


  1. Funcións da mesma:

    1.1. Preparar queixas con carácter formal sobre o incumprimento da lei universitaria por parte do profesorado, para que sexan asinadas polo estudantado e entregadas ante a autoridade competente. Neste senso poderá actuar por petición dalgún alumno ou actuar de si.

1.2. Elaborar os textos legais necesarios para a solicitude de que se leve a cabo o recollido en “Proposta da asemblea de estudantes de ciencia política para o curso

2006/2007”.

  1. Organización:

2.1. Terá un mínimo de 4 responsabels.

2.2. Funcionará coma un grupo de traballo aberto (calquer alumno poderá acudir ás sesións de traballo).

2.3. As xuntanzas celebraranse de xeito periódico, deixando a competencia de marcar cal á propia delegación, e serán advertidas con tempo suficiente a través da listaxe de correo ( e por outros medios se é posibel).

2.4. Tódolos textos e accións que faga esta delegación terán que someterse previamente á toma de consideración por parte da Asemblea. Ademais os responsabels terán que informar en cada Asemblea da situación na que se atopan as súas funcións.

3. Finanzamento:

3.1. Consideracións: o orzamento necesario para levar a cabo estas actividades e escaso, pero existen certos costes en fotocopias para adquirir os numerosos documentos legais que son necesarios para desenvolver a súa actividade. 3.2. A delegación buscará o autofinanzamento na medida do posibel e tamén recibirá cartos doutras delegacións

Hosted by www.Geocities.ws

1