Van
do Prestige e Aínda Non Dimitiu Ninguén ¡Dimíteos
ti!
A
Plataforma Nunca Mais de Carnota esta a hibernar. Non desaparecemos
nin esquecemos pero resultanos case que imposible dar contidos
relacionados ca marea negra e o chapapote a esta páxina,
de feito as derradeiras aportacións falaban máis
de lumes e desidias de terra dentro. Gustaríanos non ter
que volver aparecer, iso significaría que os futuros accidentes
quedan só en accidentes e non se convirten en catástrofes,
significaría que as autoridades, as institucións,
aprenderon a lección e que todos saímos beneficiados
desa aprendizaxe. Nembargantes a nosa desconfianza está
baseada en feitos reais e por iso gardamos, prudentemente, o truel
e as pás , e si hai que volver ás rúas e
ás praias pois, que carallo, ali estaremos.
Queremos dar as gracias a todas aquelas persoas e intitucións
que colaboraron con nós, fóron moit@s e o fixeron
de moi diterente xeito a través de estes máis de
catro anos, gracias a tod@s. Tamén queremos agradecer as
visitas a esta e a anterior páxina, axudáronnos
a espallar as nosas denuncias e supuseron un estímulo para
continuar; e non queremos esquecer a todas aquelas persoas que
nos puxeron a parir, vendo de donde viñan esas críticas
supemos que estabamos no camiño correcto.
Bicos e , por suposto, Nunca
Máis
Como
isto non é un adios senón un ata logo "colgaremos"
na páxina as novas que podan ser de interés según
van aparecendo, si queres recibir un aviso só tes que enviar
un correo ao noso enderezo electrónico ( [email protected]
) e engadiremos o teu enderezo a nosa lista de correos.
PASEN
E VEXAN, A REPRESENTACIÓN QUE ASOMBROU Ó MUNDO
Prestige
: Elenco de actores |
| |
A eficacia en persoa,
imperturbable e engominado pasara o que pasara. Cando dixo
:" Hay una cifra que está clara y es que la
cantidad que se vertió no se sabe" non supemos
ver nel a ese político sagaz capaz de describir milimétricamente
a realidade tan só cunha frase. Irrepetible (esperemos). |
|
|
O
compromiso.
Lástima que ese compromiso non fora con Galicia senon
con él e os seus; fiel ó seu estilo pensou
en todos nos incluso mentras cazaba e non reparou en gastos,
ata chegaron temer pola súa saúde tal era
o disgusto que tiña o home. Por si había dúbidas
da súa capacidade testicular doulle a Cascos a Medalla
de Galicia. |
|
|
A
sinceridade.
Pasará á historia pola súa frase dos
"hilillos de plastilina en estiramiento vertical",
dende aquelas vai de mal en peor; cousa que algúns
achacan ás malas compañas..., aínda
que outros pensan que é moi capaz de cagala el só.
Fixo auténticas filigranas dialécticas para
nos colar unha tras outra e ó final non colou; iso
si, recompensáronlle os servizos prestados nomeándoo
sucesor de Aznar pero tal distinción rematou sendo
un agasallo envelenado. Aí anda o home salvando a
patria e queréndonos convencer que é o moneco
quen move ao ventrílocuo. |
|
|
O
galardonado.
Outro cazador de amplo espectro. Pasou de ter unha pose
de matón de taberna a ser unha persoa sensibilizada
ca arte. Repetidamente cuestionado, chegouse a pedir a súa
dimisión levados sen dúbida por un odio atávico
e visceral , fora de toda razón. Gracias que a Xunta
de D.Manuel remediu tanta inxustiza otorgándolle
a Medalla de Galicia. Desaparecido. |
|
|
A
humildade.
Nunca poido crer que lle pasara isto a él, e é
que mentras todo o mundo pelexa polo petróleo, e
incluso fan guerras por el, nos protestamos por telo nas
praias, unha panda de desagredecidos e por iso non dubidou
en tildarnos de " perros que ladran su rencor por las
esquinas" ; segun él "El gobierno respondió
con diligencia y coordinación". Agora comparte
o seu infinito saber en conferencias ben remuneradas. |
|
|
A
previsión . Unha xoia, cada vez que
abría a boca superábase a si mesmo, despois
de asegurar o 17 de novembro que : " Todo el fuel que
tenía que llegar a la costa ya ha llegado" xustificou
a falta de medios decindo " Non podemos ter un barco
para un accidente cada dez anos", cousa ben certa porque
non tíñamos ningún. |
|
|
O
casual.
A pesar de ser o Ministro español de Agricultura
e Pesca parecía que a cousa non iba con él
e que casualmente pasaba por ali.
Luciuse cando dixo :" Afortunadamente, la rápida
intervención de las autoridades españolas
alejando el barco de las costas,hace que no temamos una
catástrofe ecológica como ha sucedido en otras
ocasiones ni preveemos grandes problemas en las aguas españolas
ni para los recursos pesqueros" , e tan só tres
dias despois do S.O.S . Nin Nostradamus. |
|
|
O
chivo expiatorio. Única víctima
política do desaguisado ; aproveitaron un inocente
desliz cunhas pás para quitalo de en medio nun rifirafe
nunca aclarado a pesares de que todo cheiraba raro no seu
derredor. Saleu pola porta de servizo. Dende aquelas sempre
foi unha ameaza na sucesión e chegou a facer algún
movimento intimidatorio en compaña de Baltar pero
chegado o momento o de Ourense, que é un supervivinte
nato, apostou polo cabalo gañador da cuadra de D.
Manuel. |
|
|
O
experto.
Súa é a frase (que non a idea) de " Levalo
mar adentro atá que afunda", auténtica
perla interpretativa neste intrincado guión; pero
xa lanzado, improvisando e totalmente metido no papel de
tonto útil aportou a idea de " xa só
nos queda rezar", a grandes males grandes remedios. |
|
O
improvisador. Nun principio non había
papel para él na obra pero voluntarioso e tenaz fíxose
un hoco e chegou incluso a ter o seu momento estelar con
dúas aparicións relevantes, a primeira sopesando
seriamente a posibilidade de bombardear o barco e a segunda
asegurando que as praias estaban "esplendorosas"
mentras milleiros de voluntarios retiraban toneladas de
fuel desas mesmas praias. |
E
hai máis, unha longa lista na que figuran extras da categoria
de Corina Porro ou Ana Pastor sin esquecer ó "tapado"
Nuñez Feijóo que calou obedientemente deixando que
os outros pringaran. Criaturiñas...
|


Asociación
para a defensa ecolóxica de Galiza 
Federación
Ecoloxista Galega

Web de
A Cultura Circula
Arredemo Lab
Olla
os Cormorán GZ
publicados atá de agora
O derradeiro:
Nº9
O recuncho de
Epi Truel

Páxina de Nunca Máis Alcobendas
Arredemo

Master en xestión de catástrofes
¡Contacta con nós!
Voltar arriba
|