Van
do Prestige e Aínda Non Dimitiu Ninguén ¡Dimíteos
ti!
II MÁSTER EN PREVENCIÓN
E XESTIÓN
DE CATÁSTROFES MARIÑAS
Vostede pode provocar e xestionar a próxima
catástrofe marítima e medioambiental desde o sofá
da súa casa, desde o seu coto de caza, desde a súa
estación de esquí favorita,... Sin esperas, sin
especialistas, sin profesionais, sin preparación. TOTALMENTE
GRATUITO
CONTIDOS DO II MÁSTER (2003-2004)
I .Profesorado
II. Módulos
e créditos
III. Exame de ingreso
IV. Tese de doutoramento
V.Orla do I Máster
(2002-2003)
VI. Entidades
colaboradoras
I. Profesorado

II. Módulos e créditos
• CATÁSTROFES MARIÑAS
E AUTORIDADES (3 horas-50 créditos):
-Como provocar unha catástrofe mariña
-Descoordinación das autoridades
-Linguaxe a empregar nunha catástrofe mariña
-Como impedir unha comisión de investigación
-Como minimizar unha catástrofe
-Importancia das “coalicións radicais”. Emprego
das mismas.
-Como conseguir que repetindo moitas veces as mismas mentiras
algunha xente as crea.
-Como autoexculparse de calqueira resposabilidade e ascender
nun futuro inmediato.
-Como exculpar ós teus amigos de calquera responsabilidade
e ascendelos nun futuro inmediato.
-Como botarlle a culpa a todo o que se move.
-Como poñer cara de “yo no fui”
-Como maquillar unha paupérrima axuda europea
-Como chegar de último a unha catástrofe e disimular
-Como manexar as cofradías. Cofradías rebeldes
e castigos
-Incompetencia e ascensos. Relacións.
-Como saber si unha praia está limpa a 15 km. de distancia.
-Futbolistas e compromiso social.
-Manexo de Feiras Mundiais de Pesca
-Manexo de simuladores sin ter moita idea.
• CATÁSTROFES MARIÑAS
E MEDIOS DE COMUNICACIÓN (2 horas-90 créditos)
-Como ocultar a información
-Como terxiversar a información
-A Censura, esa amiga
-A transparencia informativa, esa descoñecida
-Limpeza de praias con Photoshop
-Como tapar a ausencia do goberno. Plan Galicia
-Como se publicita un plan sin orzamentos
-Importancia da colocación de carteis por todos lados
-Importancia de inaugurar todo o que se poida ainda que xa se
inaugurara anteriormente
-Festas e Romerías populares galegas
• CATÁSTROFES MARIÑAS
E LIMPEZA DA COSTA (3 horas-50 créditos)
-Como descoordinar o volutariado
-Disposición de números de teléfono para
decirlles que non veñan.
-Como impedir o suministro de material
-Como transformar un voluntario en un piolloso, drogadicto,
alcohólico, violador, ladrón, delincuente, asasino
e terrorista.
-Como acabar co voluntariado. Campaña “Conciencia
solidaria”
-Como explicarlle ós traballadores de TRAGSA que se lles
paga para que non limpen, senón para que aparenten que
limpan
-Exército e limpeza. Como pagarlles as vacacións
que se lles adeudan ós soldados:”veraneen dous
meses na costa galega a ghastos paghos” .
-Como mover rápidamente os soldados de un sitio para
outro para que pareza que hai moita xente limpando.
• CATÁSTROFES MARIÑAS
E SAÚDE FÍSICA, MENTAL, DEMOCRÁTICA E POLÍTICA
(5 horas-80 créditos)
-Como impedir análises epidemiolóxicas
-Como impedir análises de toxicidade das augas
-Como impedir análises de toxicidade dos peixes
-Teorías de solidificación do fuel.
-Como crear un organismo para xestionar as axudas ós
afectados sin que haxa ningún afectado en dito organismo.
A Fundación Arao.
-Como impedir unha cadea humana (este contido foi anulado)
-Como impedir unha manifestación (este contido foi anulado)
-Como impedir o recorrido dunha manifestación (este contido
foi anulado)
-Como recordarlle a calquera que cobre becas, axudas ou subvencións
que non debería apoiar públicamente a unha plataforma
cidadán
-Como contar os manifestantes nunha plaza
-Como tapar unha burrada decindo outra burrada, e seguir esta
dinámica durante dez meses.
-Como deixar ós cidadáns sin dereito algún.
Unificación dos poderes lexislativo, executivo e xudicial.
-Nunca Máis e Nacionalismo
-Nunca Máis e Independencia
-Nunca Máis e ETA
-Nunca Máis e Bin Laden
-Nunca Máis e Al Qaeda
-Nunca Máis e Sadam
-Goberno e democracia
-Goberno e transparencia
-Goberno e competencia
-Goberno e salvación de almas
III. Exame
de ingreso
1. Na foto aparece nítidamente a praia
de Ximprón, en Carnota. Á vista da imaxe, vostede
dirá:
 |
a) ¿Ximprón? Parecíame
Camelle, fíxese
b) Voume alonxar un pouco, que estou moi cerca e non teño
boa perspectiva
c) ¡Está esplendorosa!
d) a, b mais c son correctas
|
2. Na foto aparece unha manifestación da
“Plataforma cidadá “Nunca Máis”
na praza do Obradoiro, en Santiago. Vostede calcula que alí
hai:
 |
a) 50.000 persoas
b) 150 persoas
c) Non importa. É un fracaso total
d) b mais c son correctas |
3. Unha das seguintes frases non se corresponde
coa linguaxe que hai que empregar nunha catástrofe marítima.
Sinale cal:
a) “hilillos de plastilina en estiramiento
vertical”
b) “hay 400 KILÓMETROS de costa afectada, pero
disponemos de 17.000 METROS de barreras que pensamos van a
ser suficientes”.
c) “Esto é unha marea negra en toda regla.
d) Acabouse o problema. Traio cartiños. |
4. Para levar a cabo o seguimento informativo
da catástrofe, vostede depositará a súa
confianza nas seguintes cadeas:
a) CRTVG
b) Cadena Ser, Canal Plus e Tele 5 ata O Nadal.
c) TVE, ANTENA 3, COPE, ONDA CERO e RNE
d) a mais c son correctas |
5. Elixa agora a prensa escrita para o mesmo fin:
a) El país, A nosa terra e Tempos Novos
b) La Voz de Galicia ata o consello de ministros na Coruña
c) El correo gallego
d) Me avergüenza la facilidad de la pregunta |
6. Sinale cales das seguintes webs habería
que pechar para que a xente non se enterara do que pasa:
a) Todas as relacionadas ca Plataforma Nunca
Máis: Burla Negra, Plataformas Comarcais,...
b) A Contrafío, Vieiros, A Cova da Moura, Nodo50,...
c) A páxina web da Xunta de Galicia
d) a mais b son correctas |
7. Ós que lle esixen ó goberno que
cumpla coas súas obrigas, vostede chamaralles:
a) Terroristas
b) Cans rabiosos e enemigos de Galicia, entre outras lindezas
e os despreciará.
c) Diralles que como cidadáns libres que son dun país
democrático, están no seu direito
d) ¡Pero hombre! ¿A quién se le ocurrió
la respuesta c? ¿A un demócrata o qué?
¡Que lo echen del país! |
8. Hai unha foto famosa na que se amosa un voluntario
cabreado e facendo un xesto co dedo medio. Vostede diría
que ese xesto vai dirixido a:
a) Nunca Máis
b) Apóstolos Mangouras
c) Á incompetencia e censura dos gobernantes e medios
de comunicación
d) a mais b son correctas |
9. Na foto aparece o cartel que a Plataforma de
Sanitarios de Nunca Máis elaborou para aconsellar ós
bañistas nas praias. ¿Qué pensa vostede?
 |
a) É un cartel innecesario
b) A culpa de que a xente se manche é deses malditos
carteis.
c) Nós tamén fixemos un coma ese pero non o
repartimos. Ádemáis, o noso era máis
bonito e os de Nunca Máis nos copiaron a idea
d) a, b mais c son correctas |
10. Escolla a actividade de máxima prioridade
si vostede é o encargado de xestionar a seguinte situación:
“un petroleiro con 87.000.000 de kilos de fuel no medio
dunha tempestade”:
a) seguir de cacería
b) seguir esquiando
c) movilizar ó meu goberno e consultar con bós
profesionais
d) a mais b son correctas |
11. Sinale o máis axeitado para recibir
de Galicia unha medalla de ouro:
a) Superpiñeiro, Gaioso e Ana Kiro
b) Os paiasos da tele
c) Cascos
d) ¿a mais b non son a mesma? |
12. ¿Cómo evitaría unha cadea
humana no ensino?
a) Ameazando ás empresas de transportes
b) Pedindo todo tipo de autorizacións que normalmente
non son necesarias
c) Decíndolles ós pais que vai haber un partido
moi bonito entre o Madrid e o Dépor en Madrid, e que
están todos invitados e que aí non fai falla
ninguna autorización.
d) As tres son correctas, aínda que inefectivas |
13. ¿Quen foron os protagonistas do partido
de fútbol mencionado na pregunta anterior?
a) Lendoiro(PP), Horacio Gómez (PP),
Florentino Pérez(PP), Rajoi(PP) e Fraga(PP),
b) A Xunta de Galicia(PP), a Comunidade de Madrid(PP) e a
TVG(PP)
c) As cofradías e demáis afectados
d) a mais b son correctas |
14. ¿Cómo desprestigiaría
a unha Plataforma Cidadán?
a) Home, unha Plataforma Cidadán hai
que respetala, que os cartos que nos gañamos salen
dos seus petos
b) Collería un sindicato da miña man para que
teñan que recoñecer que os cartos que pedían
para protetar eran para protestar
c) Collería un fiscal da miña man para que actuase
duramente contra eles
d) b mais c son correctas |
15. ¿Cómo actuaría coas cofradías?
a) Intentando dividilas
b) Decíndolles que se queren cobrar teñen que
firmar que non van denunciar ós responsables, que a
decisión de alonxar o barco foi correcta e a xestión
inmellorable.
c) Actuaría conxuntamente con elas en beneficio do
mar e dos que viven directa ou indirectamente del.
d) a mais b son correctas. |
16. Vostede dimitiría do seu cargo si:
a) Teño demostrado manifesta incompetencia
e neglixencia na miña actuación.
b) Todo o mundo me esixe que dimita
c) Tivese un pouco máis de vergoña e un pouco
menos de apego ó sillón
d) ¿Dimitir? Están de coña |
17. Si, coma vostede, a xente do seu gabinete
amosou a mesma incompetencia e neglixencia, ¿qué
faría?:
a) ascendelos
b) condecoralos
c) sustituilos
d) a mais b son correctas |
18. ¿Cómo lavaría a súa
imaxe despois de meter a pata tantas veces en tan pouco tempo?
a) Repetiría as mesmas mentiras durante
10 meses, que algo quedará...
b) Crearía un Comisionado para que pareza que me ocupo
do tema
c) Esto non hai quen o lave
d) a, b mais c son correctas |
19. Esta foto da manifestación dos paraugas
en Santiago o 1 de decembro , a vostede recórdalle:
 |
a) Que en Galicia chove moito
b) Que sería bo negocio vender paraguas en Galicia
c) ¡Mira que hai modelos distintos de paraguas!
d) a, b mais c son correctas
|
20. Escolla a súa frase favorita:
a) Nunca Máis
b) Máis que nunca
c) ¿e a culpa de quen é?
d) Incompetencia, lalalalalalá, incompetencia,... |
21. Diante da masiva edición de libros
que critican documentalmente a súa xestión, vostede:
a) Non compraría ningún
b) Publicaría “Tierra de Titanes”, a ver
si alguén o compra, e si non o compra ninguén,
seguireino publicitando dez meses despois e, se non, xa o
regalarei
c) ¿De que libros me fala?
d) a, b mais c son correctas |
22. ¿Cómo acabaría co voluntariado?
a) Non poñendo medios para traballar
b) Mareándoos dun sitio para outro
c) Faría unha campaña “Conciencia Solidaria”
para que se foran dunha vez
d) a, b mais c son correctas |
23. Na frase “probablemente el fuel no toque
la costa gallega”, ¿cal é o suxeito e cal
é o obxeto?
a) E que a análise sintáctica
non é o meu forte. Ademáis, ¿teño
que saber iso para provocar unha catástrofe mariña?
b) O suxeito é “el fuel” e o obxeto “la
costa gallega”
c) O suxeito é “la costa gallega””
e o obxeto é “el fuel”
d) O suxeito elíptico é “Fernández
De Mesa”” e o obxeto é “enganar á
poboación” |
24. Na frase “las mareas alejarán
el petróleo de nuestras costas” se sustentó
científicamente en base a:
a) Epi y Blas
b) Juan Pardo
c) Ós servicios de intelixencia británicos e
estadounidenses
d) Non hai ninguén perfecto, ¿non? |
25. “No se va a verter un solo litro más”,
foi pronunciada o 21-11-02 por:
a) Aramis Fuster
b) Rappel
c) Mariano Rajoi
d) Puido ser calqueira; teñen a mesma credibilidade. |
26. Si os galegos só encontrasen información
real do que pasa ó través de emisoras de radio
portuguesas, vostede:
a) Promovería “Operación
Triunfo”, “Gran Hermano” e centos de programas
do corazón, a ver si a xente deixa de escoitar tanta
radio. ¡Qué manía de querer estar informados!
b) Intentaría interceptar a señal das emisoras
portuguesas.
c) Diría que a diferencia horaria (UNHA HORA) é
a causa de que a información que chega de Portugal
sexa a correcta
d) a, b mais c son correctas |
27. Si, ó fin, se consegue crear unha comisión
de investigación no Parlamento Europeo, vostede:
a) Direi que estou moi ledo, ainda que non poida
explicar por qué votei en contra
b) Como terei controlados ós medios de comunicación,
a noticia que aparecerá en todos eles será:
“O Parlamento Europeo crea unha comisión para
que ACCIDENTES coma o do Prestige non se volvan a producir”.
De investigación, nada.
c) Non importa; aínda gañamos por oito a un.
d) ¿Qué lles pasa ós europeos?¿É
que non están en venta? ¡Malditos comunistas! |
28. Si se abrisen dilixencias para que Fraga,
Pita e Oreja tivesen que rendir contas por insultar ós
cidadáns:
a) Non importa; están controlados todos
os medios de comunicación e non vai saír en
ningún.
b) No xuizo diría que se malinterpretaron as miñas
palabras, como dixo Trillo despois de declarar que as praias
estaban esplendorosas
c) Non importa; o fiscal é García Malvar. Xa
o metimos no xulgado de Corcubión como FISCAL para
que fixera de abogado DEFENSOR
d) a, b mais c son correctas |
29. ¡Atención! O piloto máis
popular de fórmula 1 do momento, Fernando Alonso, vai
levar no seu casco unha pegatina de “Nunca Máis”.
Reaccione axiña.
a) Terei que facer un par de chamadas
b) Este Fernando... ¿Aínda non se enterou que
é millonario? ¿E que non se fixa nos futbolistas?
(Bueno, quitando ese Fernando Vázquez. ¡Jarraicito!)
c) Outro ó que lle importa o Medio Ambiente ¡manda
carallo!
d) a, b mais c son correctas |
30. Atención: Feira Mundial de Pesca en
Vigo. Actúe:
a) Voulle escribir a dous amigos a ver si teñen
algún programiña para facer simulacións,
que non debe ser moi difícil
b) ¿De pesca? ¿Non era a Feira Mundial do PP?
c) Temos que saír en todas as fotos
d) a, b mais c son correctas |
31. Galicia significa para vostede:
a) A parte desaproveitable de España
b)¡Ay, qué gracia los gallegos cuando hablan!
c)Creo que alí bailan flamenco e comen paella
d)¿Galicia? Sóame ese sitio. ¿Non é
de Europa?¿Ou de África? A verdade é
que non estou moi seguro |
32. Última pregunta. Si vostede, por un
erro, xestionase ben unha catástrofe medio ambiental,
¿qué faría a nivel político?
a) Non pararía de promover comisións
de investigación para amosarlle ós demáis
o ben que o fixen
b) Non pararía de promover comisións de investigación
para amosarlle ós demáis o ben que o fixen
c) Non pararía de promover comisións de investigación
para amosarlle ós demáis o ben que o fixen
d) Non pararía de promover comisións de investigación
para amosarlle ós demáis o ben que o fixen |
IV. Tese de
doutoramento
Para ser un auténtico provocador e xestor
de catástrofes medioambientais deberá vostede
realizar un estudio minucioso que dea resposta á seguinte
cuestión:
“SI VOSTEDE É RESPONSABLE DUN PETROLEIRO
CON 77 MILLÓNS DE KILOS DE FUEL, E NAS MESMAS CIRCUNSTANCIAS
QUE O “PRESTIGE”, ¿CÁL SERÍA
A SÚA ACTUACIÓN PARA CONSEGUIR MÁIS DANO,
AFECTAR A MÁIS PAÍSES, MATAR A MÁIS SERES
VIVOS, MANCHAR MÁIS KILÓMETROS DE COSTA, CARGARSE
MÁIS ECOSISTEMAS E CABREAR MÁIS Á POBOACIÓN
QUE O QUE FIXO O GOBERNO A PARTIR DO 13 DE NOVEMBRO DE 2002?
*DISPÓN DE TODA UNHA VIDA PARA A REALIZACIÓN
DESTE TRABALLO.
V. Orla do “I Máster”.
Relación de aprobados (2002-2003)
VI. Entidades
colaboradoras
arriba
|


Asociación
para a defensa ecolóxica de Galiza 
Federación
Ecoloxista Galega

Web de
A Cultura Circula
Arredemo Lab
Olla
os Cormorán GZ
publicados atá de agora
O derradeiro:
Nº9
O recuncho de
Epi Truel

Páxina de Nunca Máis Alcobendas
Arredemo

Master en xestión de catástrofes
¡Contacta con nós!
Voltar arriba
|