Van
do Prestige e Aínda Non Dimitiu Ninguén ¡Dimíteos
ti!
UN
ANO DE MENTIRAS

Hai
un ano as bagoas percorrían as miñas meixelas. Un
sentimento de impotencia e unha tristura oprimrome o corazón.
Hoxe, un ano despois, a rabia contida, unha sensación de
desacougo e incredulidade embárganme. Xa non son quen a
entender todo o acontecido, de creer que o estado da costa galega,
asturiana, cántabra e vasca se comprobe dende o aire, de
que as voces que reclaman a verdade sexan acusadas de “jarraicitas”,
que en definitiva, oficialmente todo estea maravilloso, e esa
mentira oficial se estea a propagar sen ter consecuencias para
que as difunde e menos aínda para os mentireiros.
Fagamos memoria. Nas primeiras semanas, cando xa en tódolos
noticieiros as imáxenes desmentían as versións
oficiais, o exército seguía ausente (realmente só
uns poucos membros do exército belga estaban a traballar
na costa galega), ós voluntarios os coordinaban e alimentaban
veciños e traballadores de confradías e concellos,
Tragsa suministraba e non moi ben o material e cando xa todo empezaba
a andar, o ridículo internacional era clamoroso, apareceron
exército, empresas de catering e señoritas de traxe
azul. Eso si, as medallas para Cascos, pero dos mariñeiros
de Ribeira, Arousa, Bueu, Cangas e moitos outros que coas mans
espidas, os seus traxes de faena e nas súas embarcacións
sairon a atallar o chapapote no mar non se acordaron.
Un berro fíxose oir en todo o pais nun día de choiva,
cando os paraugas encheron as rúas de Santiago. Iso asustou
ós gobernantes, que presionados tiveron que poñerse
a traballar. Fixeron chegar cartos a mariñeiros e mariscadoras
pero tamén empezaron unha caza de meigas. O demo anda tras
dese berro que, probiños, roíalles na conciencia.
Pero funcionou iso de demonizar a aquelas voces concienciadas,
o berquer máis porcallada polas súas bocas que o
mesmo petroleiro chapapote polas súas feridas, e como carroñentos
medraron das mentiras. E iso é a parte que non entendo
de todo isto. ¿Cómo poideron sair reforzados nas
urnas aqueles mentireiros e presuntos culpables, instigadores
da masacre dun pais polo petroleo que aquí manchaba a costa,
cando tanta xente se manifestaba en contra deles?. Tal vez sexa
a parte de min que pertence ó mar, que segue a ver que
nada mudou, e que calqueira día outro barco pode atoparse
con problemas e as solucións van ser as mesmas (ata hoxe
se permiten alabarse por pasear o barco ata afundilo, xa que así
toda a costa recibiu un pouquiño), e por riba os mesmos
tomarán as decisións, os mesmos mofaranse dos voluntarios
e dos que "ladren o seu rencor polas esquinas", e o
triste é que poderán facelo porque cando houbo,
hai e haberá ocasión de trocar as cousas, os que
realmente poden, as xentes de a pé, non fan nada, non se
dan conta do poder que lles dan as eleccións.
Agora, durante varios días encheran os noticieiros de boas
palabras para os voluntarios (certamente artífices de que
as cousas mellorasen), tentando mercar o seu voto, pero compre
non esquecer que na costa hai chapapote, as contas non saen, o
barco segue no fondo do mar, e os mentireiros seguen a mandar.
¿Non vai sendo hora de facer que isto cambie?

|


Asociación
para a defensa ecolóxica de Galiza 
Federación
Ecoloxista Galega


Olla
os Cormorán GZ
publicados atá de agora
O recuncho de
Epi Truel

Páxina de Nunca Máis Alcobendas
Arredemo

Master en xestión de catástrofes
¡Contacta con nós!
Voltar arriba
|