Van
do Prestige e Aínda Non Dimitiu Ninguén ¡Dimíteos
ti!
PASO DE POLÍTICA
Cando
hai eleccións, o día anterior déixase para
a reflexión, pero dame a min que poucos reflexionan. Quen
xa ten o voto decidido non o precisa, o que non ten pensado ir
votar tampouco vai reflexionar e o que non o ten moi claro un
día non lle vai aportar nada. Por iso é tempo de
reflexión, pero non sobre a quen votar, senon de cómo
facer que as cousas poidan trocar.
No
sistema electoral que padecemos, o voto en branco e pouco máis
que o voto nulo, e moitas veces un voto valedeiro pode acabar
por beneficiar a quen nós non queremos. Certo é
que tal vez conviría que mudase algo para que o voto en
branco realmente represente a disconformidade, pero por moitos
que se contabilicen non van quedar escaños valeiros. Nembargantes,
quen non vota ten que darse conta que iso non é un xeito
valedeiro para amosar disconformidade, pois de feito non axuda
a que as cousas troquen, e máis, favorecen ós que
precisamente menos interés teriamos en que saisen beneficiados.
Pero tamén aquel que si mete papeleta válida, corre
o risco, de non meditar o seu voto, de que este tamén estea
a favorecer a quen el non quere. Falo de certos partidos políticos
moi dados a xogar a ser imprescindibles vía pacto, pois
conven saber a quen van facer de poste, non vaia a ser que o fagan
xusto con aqueles que nós precisamente non queriamos que
gañasen por nada.
Trátase
polo tanto de facer que o noso voto sexa útil. Útil
para facer que isto cambie ou útil para mantelo, pero útil.
E dende logo, vai sendo hora de que si non estamos de acordo en
como se nos está a gobernar, fagamos algo, pois este é
o momento e dende logo o único xeito que hai de facelo.
Dende logo, eu xa estou farto de mentiras, chapapote, insultos,
propaganda, de que se apoie unha guerra no meu nome, e por iso,
pasando de política, penso facer un voto útil.
D. Manuel Da Pena
|


Asociación
para a defensa ecolóxica de Galiza 
Federación
Ecoloxista Galega


Olla
os Cormorán GZ
publicados atá de agora
O recuncho de
Epi Truel

Páxina de Nunca Máis Alcobendas
Arredemo

Master en xestión de catástrofes
¡Contacta con nós!
Voltar arriba
|