Van
do Prestige e Aínda Non Dimitiu Ninguén ¡Dimíteos
ti!
PARA
O SR. OREIRO, QUE NON SABE ONDE ESTÁ NUNCA MÁIS
O
principio resultaba inquedante esa teima do pp de Carnota con
Nunca Máis, pero agora que asumimos que sempre están
a pensar en nós, cando non nos mencionan, ata nos preocupamos,
¿qué estaremos facendo mal? Preguntamos uns aos
outros.
Cando Carnota ardía
polos catro costados, o sr. Oreiro non nos olvidou: -"¿Onde
están agora os de Nunca Máis?"-. Foi o seu
primer desacougo. Tan alarmado estaba que ata se publicou na prensa.
Gracias sr.
Oreiro, non ten de que preocuparse, agora que xa pasou o perigo,
informámoslle que todos estamos ben, ningún de nos
tivo percance. Culpa nosa que nunca lembramos avisar onde imos
e en que andamos. Estábamos con outros veciños no
lume, intentando apagalo e tendo conta de que non avanzara. Non
sabía de nós, porque prudentemente, nin vostede
nin ningún dos seus andaban por alí, non coma nós,
que somos uns temerarios.
Temerarios
e un pouco anárquicos, todo hai que decilo, porque aparecemos
todos no mesmo lugar do lume sin organizarnos para nada, nin chamarnos
uns aos outros. O millor e un caso de telepatía colectiva,
ou vai ser que todos nós temos as mesmas preocupacións
e pensamos o mesmo con respecto a moitas cuestións, cousa
que de seguro tamén o inquieta a vostede bastante.
Magoa que a estas
alturas creo que xa non imos cambiar. E como Nunca Máis
Carnota non aforca os hábitos, vostede terá que
andar sempre intranquilo por nós. Sentímosllo ben.
|


Asociación
para a defensa ecolóxica de Galiza 
Federación
Ecoloxista Galega


Olla
os Cormorán GZ
publicados atá de agora
O recuncho de
Epi Truel

Páxina de Nunca Máis Alcobendas
Arredemo

Master en xestión de catástrofes
¡Contacta con nós!
Voltar arriba
|