Van
do Prestige e Aínda Non Dimitiu Ninguén ¡Dimíteos
ti!
O VOTO DA
MIÑA AVOA
A
miña avoa ten máis anos que Fraga, pero viviunos
doutra maneira, tripando terróns, carrexando herba para
o gando, pasando fame e traballando para “os señores”
que comían canto querían.
A miña avoa xa non anda con moita soltura. Pero o día
19 irá votar.
Ela non mira a campaña na tele, non lee xornais e non escoita
a radio. Ela vé o programa de “Gayoso”, vai
a misa e ás festas dos maiores a beber viño e comer
o polbo, e xa voltou co sobre para as eleccións.
Pero ten o voto claro. Recibiu axuda espiritual o domingo na misa.
Xa o señor cura se encargou de lembrarlle que si non votaba
ó PP iría para o inferno, e a probe da miña
avoa, que xa pasou gran parte da súa vida nel, non quere
voltar.
Por si acaso, xa quedou un concellal do PP en ir pola casa a recollela
para levala ó colexio electoral, por que a probe xa non
camiña moi ben, e xa lle falla de vez en cando a memoria,
así que voltarán a darlle o sobre coa papeleta xa
dentro.
Os maiores xa se sabe.
D.
Manuel da Pena

|


Asociación
para a defensa ecolóxica de Galiza 
Federación
Ecoloxista Galega


Olla
os Cormorán GZ
publicados atá de agora
O recuncho de
Epi Truel

Páxina de Nunca Máis Alcobendas
Arredemo

Master en xestión de catástrofes
¡Contacta con nós!
Voltar arriba
|