Plataforma Nunca Máis de Carnota

Van do Prestige e Aínda Non Dimitiu Ninguén ¡Dimíteos ti!

 

NON PIDAS, QUE Ó MILLOR DANCHE

Son mala. Son ruín. Ladro o meu rencor en cada esquina que atopo. ¡Fíxose todo tan ben! Tan ben que agora está mellor que antes, os peixes máis gordos, o marisco máis abundante, e ademais hai un plan. Si, si, teñen un plan. Somos a envidia.
Pero eu son unha marxinal e unha rencorosa. Sigo a decir que minten, que nos insultan cas súas mentiras. O fago por amolalos, non é quen non os crea.
Eu ben sei que non houbo maré negra, foi un vertido e xa se limpou. Non hai fuel nas praias, nin nos fondos mariños, nin queda fuel no barco, nin desapareceron especies, nin baixaron as capturas. Son eses tolos de Nunca Máis, que fanme luz de gas, e eu déixomo abducir. Por eso, porque son unha resentida, unha rencorosa.
E o que é peor: non teño propósito de enmenda. Xunteime con tan malas compañas, que penso seguir a berrarlles mentireiros, incompetentes, que sodes unha panda de piratas. Feos, coño.
Pero non é culpa miña, eh. Eu son parviña, a min eses "catro vistimas" cos que me xuntei coméronme o coco e non as penso. Agora son cidadá do País de Nunca Máis e non atopo o camiño de regreso.
Tede cuidado, non vos pase como a min.

 

 

Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza


Federación Ecoloxista Galega


 

Olla os Cormorán GZ
publicados atá de agora




O recuncho de
Epi Truel


Páxina de Nunca Máis Alcobendas


Arredemo


Master en xestión de catástrofes


¡Contacta con nós!

 

Voltar arriba

 


Hosted by www.Geocities.ws

1