Plataforma Nunca Máis de Carnota

Van do Prestige e Aínda Non Dimitiu Ninguén ¡Dimíteos ti!

HISTORIA DO TÍO PEPE

O tío Pepe naceu alá polo ano 40 (quen diría que do século pasado) nas terras de Lalín. Sendo pequeno levaron ó seu pai preso porque seica era roxo e na casa quedaron sua nai, a súa irmá María e o seu tío Xan, que por algo que seica era da polio tiña unha perna delgada como un garabullo, pero iso sí, uns brazos coma carballos cos que traballaba arreo nas terras da súa irmá e as veces pola comida nas dos señores da bisbarra.
O tío Pepe, sendo Pepiño, saíu da casa co traxe dos domingos, os cartos dunha leira mal vendida a don Agapito, señor da aldea, e un anaco de pantrigo duro baixo do brazo camiño de Vigo, onde embarcou para as américas, con moitos soños na cabeza e moito ruido nas tripas.
En Buenos Aires non atopou a comida xiscada como el soñara nen os cartos medrando nas árbores, e comezou carrexando carbón do almacén dun paisano da Estrada pola comida e o pouco que sacaba de propinas na entrega nas casas.
A fame agudiza seica o inxenio e empezou por sacarlle unhas pedriñas a cada saco e a vendelo pola súa conta. Así pasou dos 12 ós 22 anos, traballando arreo e xirándolle cartos á súa nai e á súa irmá, pois o pobre tío Xan amanecera había uns anos unha mañá nunha cuneta, e do seu pai non se sabía nada. Gobernaba un homiño do Ferrol, seica galego, que empregaba ós presos como traballadores nas grandes obras, e hai quén dicía que si o seu pai aínda estaba vivo, seguro que estaría a traballar nelas.
O tío Pepe creou o seu propio almacén, e xa era home de pro. En pouco tempo diversificou o negocio e xa tiña xente a traballar para el.
Mentres neste lado do charco, aparecía na vida política un mozo de Vilalba, ocupando postos moi altos en Madrid, claro que en Galicia a súa irmá María traballaba a reo nas fincas dos señores, pois coa fame tiveron que ir vendendo o pouco que non lles quitaran porque eran roxos.
O tío Pepe pasou a chamarse Don José. Coñeceu unha moza asturiana que traballaba como sirvienta nunha casa de ricos. Casaron.
Don José era feliz, e máis tras nacerlle primeiro o seu fillo Juan José e a súa filla María de las Mercedes. Enviaba cartos á Galicia e mercou casa de seu. O pouco que lle quedaba empregouno en darlles estudos ós fillos e en dólares no banco.
Hai poucos anos as cousas empezaron a non ir tan ben. Os aforros quedaron en nada co corralito e a súa saúde foi a menos. Por riba as novas deste lado non eran boas. A súa nai finou e non puido vir ó enterro. Ademais os seus fillos non quixeron axudarlle. Eles non son gallegos, son Argentinos e a terra de aquí non lles chama.
Recentemente o tío Pepe ingresou no hospital do Centro Galego de Bos Aires. Houbo sorte, o home de Vilalba levou cartos e todo vai mellor. O malo é que os miolos do tío Pepe xa non rexen, así que do seu voto encargáronse os seus fillos, e para quen mellor que para o seu benefactor, e máis, eles son algo gallegos así que tamén votaron.
Que desgracia para o tío Pepe, el que tiña claro que a pesares de gobernaren en Madrid os galegos el tivera que emigrar coa fame, traballar arreo para acabar recibindo esmola e que os seus fillos voten por el.

Que te mellores tío Pepe, Pepino da ialma, Don José.


D. Manuel da Pena

 

 

Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza


Federación Ecoloxista Galega


 

Olla os Cormorán GZ
publicados atá de agora




O recuncho de
Epi Truel


Páxina de Nunca Máis Alcobendas


Arredemo


Master en xestión de catástrofes


¡Contacta con nós!

 

Voltar arriba

 


Hosted by www.Geocities.ws

1