Van
do Prestige e Aínda Non Dimitiu Ninguén ¡Dimíteos
ti!
O
ESTRANO CASO DUN CARNOTÁN DESORIENTADO:
UNHA COUSA BOA, UNHA MALA E UN MISTERIO
No
medio de tanta queima que houbo estes días no concello
de Carnota anda o noso diputado ocupado en cousas que nos deixan
un pouco descolocados. E de verdade que despois do que levamos
vivido duns anos para acó non é doado.
Así é que non sabemos como interpretar que ande
a estas alturas buscando pola plataforma nunca máis; as
reflexións que resultan deste feito sen precedentes son
variadas e eu non podo deixar de expresar aquí a miña.
Penso que as manifestacións de Oreiro deixan asomar unha
cousa boa: el pregunta pola plataforma porque quere amosar o seu
malestar pola pésima política forestal levada a
cabo polo PP nos dezaséis últimos anos. Por iso
nos busca, para reclamar, para exixir solucións e dimisións.
Noraboa. Nunca é tarde e nós non discriminamos a
ninguén.
A cousa mala vai referida á súa memoria, á
súa mala memoria: ¿e que xa non lembra que o seu
partido, xunto coa TVG, a voz de Galicia, o correo galego,...
acabaron coa Plataforma Nunca Máis? Bueno, existir existe,
pero non como entidade senon coma un sentimento, o cal me fai
ser pesimista sobre si será quen de atopalo. Ai, esa memoria.
Por último, o misterio tradúcese no seguinte: ¿qué
pensarán no seu partido da súa batasunización,
dos seus ladridos? ¿É compatible a estas alturas
ser militante do PP e berrar nunca máis? ¿Seguirá
a cobrar o seu soldo de diputado?
Voulle dar unha solución para que non teña problemas
co seu partido. Vostede ten moita dor e moita rabia dentro, e
quere pedir a dimisión dos responsabeis da política
forestal que nos levou á actual situación e estes...xa
non están. Pois pódolle dicir que é un cidadán
privilexiado xa que se pode permitir o luxo de pedir responsabilidades
sen saír da casa: faga unha pancarta, póñase
diante do espello, e berre moi forte: nunca máis, nunca
máis, nunca...
|


Asociación
para a defensa ecolóxica de Galiza 
Federación
Ecoloxista Galega


Olla
os Cormorán GZ
publicados atá de agora
O recuncho de
Epi Truel

Páxina de Nunca Máis Alcobendas
Arredemo

Master en xestión de catástrofes
¡Contacta con nós!
Voltar arriba
|