Plataforma Nunca Máis de Carnota

Van do Prestige e Aínda Non Dimitiu Ninguén ¡Dimíteos ti!

Antroidada

Xa chega o antroido. Hai moitos que levan máscara a cotío, e máis, eu diria que levan moitos anos tentando parecer o que non son, e que só cando algo lles asusta amosan a súa verdadeira faciana. Como nun antroido perpetuo andan a troulear, sacando do maxín historias que non son verdadeiras, como trasnos das lendas fan correr faladurias que os modernos ventos da tecnoloxía espallan dando lugar conto que me contaron que seica que é verdade da boa. Búscanlle as voltas a todo, e o que non é do seu agrado é pecado, quen non comulga con eles é un criminal, o que os demais dín son todo mentiras e só eles son poseedores da verdade absoluta e non teñen por que dar explicacións a ninguén , ás xentes de pouca fe. Eso sí, son demócratas de toda a vida, modernos e tolerantes, o que pasa e que non os entendemos:
· O profesorado que falaba do Prestige ou da gerra de Irake nas aulas non trata sobre o medioambiente ou a educación para a paz, “violaban conciencias”, e o alcalde de Toques seica practicaba o “amor libre”, menudencias.
· Cando milleiros de cidadans deste pais esixían responsabilidades polo do Prestige e berraban en contra da Gerra, que malos que son, e seica onde estaban cando E.T.A. cometía un asasinato (pois moitos participando dos actos contra o terrorismo, pero neses non había forzas da orde pública para controlar).
· Se un grupo de cidadáns organiza unha plataforma para esixir responsabilidades, son todos uns jarraicitos que batasunizan Galicia (o que ideou esta frase podía poñerllo máis doado a D. M..., con algo así como etarras que fan terrorismo), que emporcallan a bandeira galega. Pois nesto non poden aplicar aquelo de que foi antes, se o ovo ou a galiña, xa que primeiro alguén mareou un petroleiro cunha grieta “arriba y después abajo” e sorte que dixo certo conselleiro que así repartiuse. E por riba quedaban cos cartos doados (que eu saiba ninguén pediu en nome de Nunca Máis cartos para os mariñeiros) cousa que despois foi tarefa da fundación ARAO, que subvenciona proxectos ¿para todos os mariñeiros?
En resumo, que só eles teñen dereito a insultar, difamar e criticar, esixir explicacións e non dalas, vamos, capítulo primeiro do manual do perfecto demócrata, acuñando frases célebres tales como “si no fueras mujer te daba un par de ....”, “como perros que ladran su agonía en las esquinas”, ou actos tan modernos como dar un euro a un periodista que pregunta sobre as armas de destrucción masiva, inaugurar un aeroporto un ano antes de que finalicen as obras, ...
Como xa sei que agora hai moitos máis lectores da nosa páxina só un apunte máis. Hai algo que nos diferencia, e é o feito de que si esto ocurrise con outro goberno (aínda que me custa crer que se poida facer tan mal), estou seguro de que os que agora forman o goberno e critican a Nunca Máis serían os seus máximos defensores, mentres que nós estamos aquí para esixir responsabilidades polo que aconteceu e medidas para que non volva a repetirse, e iso mesmo fariamos gobernase o partido que fose se fosen tan ineptos e irresponsables como os que agora nos tocou sufrir.

E como non quero ser desagradecido, gracias pola publicidade.

Un saúdo.

D. Manuel da Pena

 

Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza


Federación Ecoloxista Galega


 

Olla os Cormorán GZ
publicados atá de agora




O recuncho de
Epi Truel


Páxina de Nunca Máis Alcobendas


Arredemo


Master en xestión de catástrofes


¡Contacta con nós!

 

Voltar arriba

 


Hosted by www.Geocities.ws

1