¿Quén son?
· Xulio Alberto. Ése é o meu nome.
Son un pequeno aficionado a este apaixoante mundo e cultivo a maior parte das miñas plantas en Mouriscados, unha pequena aldea pertencente ao pobo de Mondariz (Pontevedra, España). Tras a ornitoloxía, o cultivo de plantas carnívoras é a miña segunda aficción.
O clima desa zona permíteme ter case todas as miñas plantas no exterior baixo plástico os 365 días do ano (366 se é bisiesto jeje ;-) ) e só meto as máis delicadas dentro de casa en inverno (normalmente son as plantas tropicais ou subtropicais).
