Galego / Castellano

 

 

¡Benvido a este apaixoante mundo!

 

· Decidín resumir todos os datos importantes que debería saber unha persona que se quere iniciar nesta afición para que non lle pase o que me ocorreu a min, é dicir, que se lle morran as primeiras plantas por falta de información concisa e por tratalas como outras calquera.

O primeiro dato importante, e que salta á vista, é que non son como as demáis plantas que temos nas nosas casas e xardíns; polo tanto, o tipo de auga, terra e abonos a usar é diferente ao que se emprega, por exemplo, nos xeranios (Pelargonium). A min persoalmente, custoume bastante "crer" a maioría dos seus coidados cando os lía, xa que pensaba...: " ¿se as outras sí , por qué a éstas non lles vai servir o mesmo tipo de auga e terra?".

Ésto tamén lle ocorre á maioría da xente que comeza a cultivalas, ben sexa por afición ou por curiosidade. Ás veces, cando lle dis que non deben empregar auga da billa, mineral, etc. ou que non se deben abonar, mírante cunha cara que parece que lles estás tomando o pelo, e ao final pasa o que pasa. Por eso, para todos os que se queiran iniciar neste mundo vou resumir e explicar un pouco por riba o porqué destes coidados básicos.

Antes de comezar tamen me gustaría aclarar que son coidados xerais e non específicos. En teoría valen para as especies menos esixentes e que están ao alcance de todos, pero logo, cada unha ten as súas peculiaridades.

AUGA: destilada, de choiva (que non deixa de ser destilada), de osmosis inversa, etc. O importante é que teña moi poucas sustancias disoltas, tanto orgánicas como inorgánicas. Se tedes instrumentos para medir as partículas disoltas, debedes saber que a auga debe conter como máximo aproximadamente 60 - 50 ppm. De todas formas, non é preciso ter ningún aparello; o feito de que a auga sexa dalgún dos tipos descritos anteriormente xa asegura que as ppm. sexan as correctas.

SUBSTRATO: normalmente sóese usar como base a turba rubia 100% (turba de Sphagnum) que non conteña abonos. O pH debe ser ácido, preferiblemente comprendido entre 3 - 4.

Como complemento á mixtura do sustrato tamén se pode usar perlita, Sphagnum vivo ou morto, area de cuarzo, fibra de coco (sobre todo en Nepenthes), etc.

O sustrato universal, para cactus, humus, terra do monte ou do campo, etc. non valen.

 

ABONOS: como norma xeral as plantas carnívoras non se deben abonar, anque hai certo tipo de abonos que "sí valen" (administrados en certas dosis reducidas e en certas especies) pero que eu só recomendaría a xente con experiencia xa que o uso incorrecto destes pode matar ás plantas.

 

* O PORQUÉ: se a planta vive nun substrato demasiado rico, ben sexa polo uso de auga/substrato inadecuado ou polo uso de abonos, morirá nunhas poucas semanas (ou días) xa que as plantas non están acostumadas ao exceso de minerais; se me permitides o símil, digamos que é como se "afogasen". (Hai que ter en conta que a maioría das plantas carnívoras viven en lugares moi pobres en nutrintes nos que a maioría das plantas non poden vivir).

Ademáis recordade: se en cautividade se puidesen regar con auga"normal", plantar en substrato universal e, en definitiva, abonar con calquera tipo de abono, ¡xa non necesitarían ser insectivoras!. ¿Para qué selo se xa poden absorber sen problemas todo o alimento que precisan polas raíces? E, polo tanto, en liberdade poderiámolas atopar con moita más facilidade (e o seu hábitat estaría menos restrinxido) e en calquer lugar, como por exemplo, ao carón da miña casa.

 

Exemplo de composición química dun substrato válido (Turba rubia, Gärtnertof, Compo).

 

 

 

LUZ: luz directa a poder ser. A parte de deboradoras de insectos tamén o son de luz solar (sobre todo as Dionaeas, Sarracenias, Droseras, e incluso Nepenthes). Hay que ter coidado có sol directo nalgúns lugares cando faga moita calor , retirando a planta cara un lugar con sombra ou semisombra se fose necesario.

 

 

Volvo a repetir que toda esta información fai referencia de forma xeneral ás plantas menos esixentes e que son aptas para os que se queiran iniciar. Por suposto, cada especie ten as súas peculiaridades e para coñecelas debedes acudir as fichas que hai noutras webs (sección de webs) ou consultar bibliografía.

 

 

Site Map | ©2005-2006 Julio Alberto González Domínguez

Hosted by www.Geocities.ws

1