| CAPÍTULO 3: A cociña II. Lectura: A cociña I. Lectura A COCIÑA Toda a familia está reunida na cociña. E' onde máis quentiño se está. Aínda non acabaron de cear. O Lelo fala hoxe polos cóbados: -Cando estou sentado no banco non me chegan os pés ao piso. ¿Como facedes vós? O tío Pepe sorriu pola sinxeleza do neno, e dixo: -Aínda tes que comer moito caldiño, Lelo. E isto non é o piso; o da cociña chámase chan. -Piso é o de madeira, ¿nonsí, avó? - dixo Carme. -E' , neniña. Nas cociñas galegas hai moitas cousas que están a perderse. Antes, as comidas facíanse na lareira. Claro que non había cociñas económicas nin de gas. E cando a cheminea non tiraba, andabamos todos afumados, coma se fosemos chourizos. - ¿E como se chama esa cadea da que colga o pote? - preguntou Henrique, que estaba collendo leña do unllar para atizar o lume. -Iso é a gramalleira. e a armazón que sostén todo é a burra. Mentres os mais falaban,Rosario e Carme estaban xa no vertedeiro, fregando. Como a auga que saía pola billa estaba moi fría, tiñan unha tina con auga quente. Nela iban metendo pratos, fontes, culleres, garfos, vasos e coitelos. Unha frotadiña con xabrón e estropallo ou con deterxente, e, despois de ben aclarados, ao escorredoiro. Máis tarde habería que colocalos no alzadeiro; as potas, cazolas, tixolas e pucheiros na lacena, e as cuncas, no cunqueiro. A conversa da mesa estaba tamén para rematar: COCIÑA- ... o que máis me gustaba a min era sacar o pan do forno coa pa. Tiñamos que telo sempre ben varridiño co varredoiro para que non manchase. ¡Que tempos! Ergueuse da mesa. Coas dúas mans na cambota e fitando o lume, deixaba que as muxicas lle saltasen aos pantalóns. Carme quitaba a borralla para botala na borralleira. A ela gustáballe mellor aquela lareira ca todas as cociñas de gas do mundo. Lectura en CASTELLANO Lettura in ITALIANO Lecture en FRANÇAIS Reading in English |
![]() |
| Unha lareira tradicional, Museo Provincial, Lugo |