Zembla, Zenda, Xanadú: Todos os mundos que soñamos poden facerse realidade... Le e lévame xunto a ti. [Salman Rushdie]
|
|

Portada

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
ismail_demalpica@yahoo.es
 
 
|
 
 

Ismaíl e Drago
Vanesa Bouzas López (2007)

Ismaíl era un gnomo que hai anos coñeceu a un viaxeiro aventureiro que pasaba por Malpica. Era Mario, ¡o noso profe! Un día Ismaíl preguntoulle ao seu pai Mario, por chamalo dalgunha maneira:

-Papá Mario, ¿podo ir ao bosque Isaac Díaz Pardo a dar unha volta?
-Filliño Ismaíl -dixo Papá Mario-, xa sabes que ese bosque é moi perigoso...

Ben, ao cabo de media hora de discurso de Papá Mario, deixouno ir ao bosque. Cando chegou, viu un camiño que na súa vida vira, e pensou nun libro que lera e nunha frase moi curiosa: "O destino uniu os nosos camiños".

Emocionouse tanto que foi por aquel camiño. Ao final do mesmo, que o pobre Ismaíl recorreu durante media hora, atopou un misterioso ovo. Colleuno e levouno para casa todo entusiasmado.

-¡Cando llo conte a Papá Mario...! -dixo Ismaíl.

Ao chegar, foi correndo á cociña a beber auga, dous litros exactamente... Pois o esforzo fora ben grande. Despois ensinoulle o ovo misterioso a Papá Mario.

-¡Ostras! ¡Un ovo enorme! Filliño Ismaíl, ¿queres unha tortilla, ovos estrelados, ovos duros...?

Ismaíl anoxouse un chisco e dixo:

-¿Como? ¿Vas comer o meu precioso oviño? ¡Vaiche boa! Co esforzo que me costou encontralo, ¡para que vaias ti a papalo!

Papá Mario disculpouse...

Esa noite, Ismaíl decidiu incubar o ovo. A media noite ergueuse porque notou que o pixama estaba húmido.

"Fixen pipí enriba", pensou preocupadisimo Ismaíl... Encendeu a luz e... ¡o ovo escachara! Pero non vía ningún poliño con tres cabezas ou cinco patas. Descubriu un verme noxento. E berrou como fai algunha rapaza cando ve un verme noxento, e chamou a Papá Mario.

-¡Papá Mario, o ovo escachou e saiu un verme noxento!

Papá Mario, aínda durmindo, ergueuse e mirou o verme e dixo:

-Imos a poñelo en auga. Pobriño, ¡como treme...!

Encheron un caldeiro de auga e metérono dentro.

-Filliño Ismaíl, ¿como o vas chamar?
-Cando medre un pouco máis, elixirei un nome. De momento, non...

Ao día seguine tanto Papá Mario como o filliño Ismaíl tiñan unhas olleiras de moito coidado.

Ismaíl mirou cara ao animal. Xa tiña as patas e a cabeza ben formada. Distinguíanse dous ollos, unha boca e un fociño. Doulle de comer e púxolle un nome: Drago.

Cando era máis maior, ía facendo pipí por toda a casa e deixaba unha serie de cagallas verdes. E a medida que ía crecendo, íanlle saíndo dous vultiños na espalda cada vez máis enormes. Papá Mario acordouse de que tiña un libro sobre dragóns e dinosaurios. Buscou e rebuscou e ao final atopouno: dragón azulado de ás verdes.

-Boh, a min non me fai falta ese nome tan longo. Chégame con Drago... -dixo con seguridade.

Ao cabo de dous meses saíronlle unhas ás moi verdes, e el mesmo volveuse de cor azul clara... E xa era moi grande. Entón, Papá Mario díxolle que non o podían ter máis. Ismaíl protestou moito, pero co razoamento de Papá Mario, Ismaíl comprendeu e aceptouno...

Pero encerrouse no seu cuarto e púxose a chorar...

Un día Ismaíl notou a Drago moi inquedo. Pola noite, levouno ao parque. E Drago empezou a brincar e a voar por riba da súa cabeza. Ismaíl entendeuno e preguntoulle:

-¿Marcharás agora voando?

Drago lanzou un son, un son que Ismaíl non escoitara nunca. Era un son de despedida.

-Pois voa se queres, meu amigo... -dixo chorando Ismaíl.

Drago voou libremente e lanzou o mesmo son de antes, e desaparecue entre as nubes. Ismaíl volveu a casa e Papá Mario, ao ver a cara que tiña, preguntoulle:

-¿Que che pasa?
-Que Drago marchou, e marchou para sempre...
-¿E ti como te sintes? -preguntou Papá Mario.
-Triste por min, pero moi contento por Drago.

Entraron na casa e, mentres Papá Mario preparaba algo de cear, Ismaíl contou como fixera Drago para despedirse.

FIN

Subir

 




Locations of visitors to this page

http://es.geocities.com/ismaildemalpica
http://perso.wanadoo.es/webdeismail
© Mario Aller

transparent
Hosted by www.Geocities.ws

1