Zembla, Zenda, Xanadú: Todos os mundos que soñamos poden facerse realidade... Le e lévame xunto a ti (Salman Rushdie).
|
|

Portada

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
ismail_demalpica@yahoo.es
 
 
|
 
 

Historias de Ismaíl

Envía unha mensaxe!

Subir

Ismaíl, el gnomo de todos
[ Andrea Casado Puig - María Pazos Blanco, 2007 ]

¡Te apreciamos tanto,
que te ofrecemos este canto!

Cuando Ismaíl nació,
todo el mundo se alegró.
Era Ismaíl pequeño,
cuando lo conoció su dueño...

¡Te apreciamos tanto,
que te ofrecemos este canto!

Ismaíl, nuestro gnomo favorito,
que tiene un gran corazoncito.
Recorrió muchos lugares,
hasta pasó por Buenos Aires.

¡Te apreciamos tanto,
que te ofrecemos este canto!

Le encantan las aventuras,
pero no las travesuras.
Pasó por Galicia
para visitar a su amiga Olivia.

¡Te apreciamos tanto,
que te ofrecemos este canto!

En Malpica se quedó,
y a Mario conoció.
En nuestro colegio le gusta estar,
para siempre poder ayudar...

Subir

A árbore de ouro
[ Borja Fernández Mosquera, 2006 ]

Hai moitos anos nunha cidade de Galiza, A Coruña, murmuraban que nos seus bosques había unha árbore especial. Porque ao arredor estaba toda recuberta de ouro. Case ninguén o cría, pero un día chegou un estranxeiro. Como era novo na cidade creuno, e foi aos marabillosos bosques da Coruña en busca desa fabulosa árbore de ouro.
Buscou por todos os lugares pero nada, a árbore non aparecía. Saíndo do bosque encontrouse cun gnomo moi fermoso, cunha longa barba gris y un gorriño picudo. Chamábase Ismaíl, que lle dixo:
-Señor, asegúrolle que debe mirar na leira que deixou atrás. Alí está a árbore, pola que moitos homes teñen morto de sede.
-De acordo, mirarei naquela leira. E como non estea, ti e máis eu teremos serios problemas -aclarou o estranxeiro.
O estranxeiro camiñou de volta ao bosque ata encontrar esa leira, e alí estaba a árbore brillando coa súa cor dourada. Esa cor que os homes tanto aprecian.
-¡Eureca, atopei a árbore! Construirei unha casa nesta leira para quedarme sempre aquí.
-¡Caramba! Que sorte teñen algúns estranxeiros -dixeron os viciños-. Seguro que xa non quere volver ao seu país.
O estranxeiro cantou victoria e brincou de seguido coa felicidade. Claro que tamén se acordou do ananiño Ismaíl, que tanto o axudara...

Subir

A caixa de xoguetes usados
[ Antía Seijas Vieites, 2005 ]

Mentres Ismaíl paseaba por Culleredo fixouse nunha estraña papeleira. Nela asomaban coma dous ou tres bonecos de trapo, todos roídos e estropeados polo tempo.
A Ismaíl deulle moita pena e, como os trasnos falan o idioma de todos os bonecos, achegouse á papeleira e comezou a falar con eles:
-Oíde, ¿que é o que facedes aquí? ¿Non deberíades estar xogando cos nenos?
-Si... Pero os nosos nenos abandonáronnos aquí, e dende entón ninguén nos fai caso...
-¡Oh!... Entón, ¿é esa a razón pola que estades na papeleira? Pois ben, teño unha idea. ¿E se vos metedes nunha caixa que recolla os xoguetes usados?
-¡Sería marabilloso! Pero, ¿onde hai unha caixa así?
-No colexio Isaac Díaz Pardo están colocando unhas grandes caixas para recoller xoguetes... ¿Que vos parece?
-¡Unha idea perfecta!
E así foi como os xoguetes usados de Culleredo pasaron ás mans dos nenos e as nenas de África e Asia Central. Todo grazas ao noso amigo Ismaíl...

Subir

Ismaíl, o gran aventureiro
[ Javier Pérez Parga, 2004 ]

Había unha vez un trasno de centos de anos chamado Ismaíl. Era rico, e tiña unha amiga chamada Arundhati.
Un día secuestraron a un amigo seu e Ismaíl foino rescatar. Tivo que arriscarse moito para que non o mataran.
Cando chegou o día montou no seu cabalo e saiu na busca do seu amigo. Tiña un plan. De noite achegouse ó campamento dos malvados disfrazado de árbore.
Desa maneira non o viron e foi capaz de desatalo. Despois, ben caladiños e sen facer ruído, o seu amigo e mais Ismaíl subiron no cabalo. E fuxiron veloces daquel sitio.
Cando chegaron á casa, Arundhati, Ismaíl e o seu amigo fixeron unha boa de festa de celebración.

Subir

Ismaíl é amigo de Harry Potter
[ Carina Quiroga Quintela, 2003 ]

Harry estaba cos seus amigos Ron e Hermione. Practicaban un pouco de maxia. De repente, viron que por unha ventá asomaban unha cabeciña e dous ollos saltóns. Animáronse e sairon os tres, por se acaso eran amigos.
O ser de ollos saltóns como pelotas de tenis presentouse:
-Ola, chámome Dobby e son un elfo...
Despois, un pequeno ser, que vestía roupa colorada, dixo:
-Ola, eu chámome Ismaíl e son un anano.
Os tres amigos tamén se presentaron. Eran Hermione Granger, Ron Weasley e Harry Potter.
-¿Queredes ensaiar con nós un pouco de maxia? -preguntou Ron.
-¡Si, si...!
Vale, dixo Hermione. E entón os cinco estiveron practicando as artes máxicas toda a tarde.

Subir

Unha historia pequena
[ Alex López Chouciño, 2002 ]

Érase unha vez un gnomo que de noviño vivía en Asia. Chamábase Ismaíl.
Un día tivo que abandonar todo e marchar, porque a súa vida corría perigo.
Ismaíl tiña unha amiga. Era Arundhati.
Ese mesmo día, Arundhati foi para o sur e Ismaíl marchou camiño do oeste.
Ismaíl chegou a Malpica de Bergantiños, en Galicia. Pero, ¿Arundhati?
Arundhati xa vos dixen que marchara para o sur e eu non sei máis nada dela...

Subir

A fantástica viaxe de Ismaíl
[ Paula Dourado Fernández, 2001 ]

Nun país moi lonxano vivía un anano chamado Ismaíl. Era un anano máxico, e tamén moi bo. Un bonito día, Ismaíl deciciu recorrer o mundo.
Fixo a súa maleta e revisou a súa casa. Cando rematou, foi en busca dos seus amigos para despedirse de todos...
Emprendeu o camiño pensando a onde podía ir. Entón, dixo:
-¡Xa sei a onde podo viaxar! ¡A China!
Colleu a súa estrela máxica, axitouna no aire e ¡plof!, chegou ao seu destino. Ao principio non entendía nada, ata que recordou que os ananos sabían moitos idiomas e todo foille máis doado. Visitou as murallas, os museos e as igrexas, e agradáronlle as cousas que descubriu. Marchou e seguiu a súa viaxe...
Acordou ir a África, para axudar aos nenos dalí coa súa maxia. Atopou unha nena abandonada e sentiu moita pena. O seu nome era Fátima e estaba soa.
-Pode levarte comigo a onde vaia -dixo Ismaíl.
-Se me levas, iría contenta -respondeu ela.
Ismaíl mercou un kilim, que era unha alfombra máxica, para que a nena descansara. E aló marcharon voando os dous amigos...
Ao chegaren a Francia, empezaron a visitar os sitios que alí había. Na Torre Eiffel atoparon unha porquiña e xa non se separou máis deles. Desde alí foron a Suíza, e xuntáronse con outros animais que estaban sós: unha formiga coxa, unha rá peluda, un rato de biblioteca...
E así foi como Ismaíl nunca máis viviu en soidade...

Subir

Cando Ismaíl foi pescar
[ Alberto Currás Suárez, 2000 ]

Era unha mañá cedo, que empezaba a sair o sol. Ismaíl colleu a súa cana e un cestiño, e púxose a camiñar cara a beira do río.
Comezou a pescar e pillou moitas troitas. Estaba tan contento que daba brincos e máis brincos de alegría.
De volta a súa casa foi asubiando e mirando o ceo para que a súa estreliña lle dera sorte. Cando chegou á súa casa, pousou o cesto e limpou as troitas para cociñalas e comer.
Cando acabou a súa comida, botouse na cama para durmir e soñar coa súa estreliña máxica...

Subir

O noso querido Ismaíl
[ Ana Lema Cachaldora, 1999 ]

Érase que se era un ananiño chamado Ismaíl. Na súa casa tiña de todo: unha bicicleta de montaña, un piano, un cabaliño para abanearse, un cabalo de carreiras e moitas cousas máis.
Ismaíl era un anano incrible.
Sabía moitos encantamentos máxicos, e algúns eran para os nenos, aos que convertía en rás ou en sapos.
Tamén sabía outros encantamentos especiais, para os rapaces que non atendían na clase de matemáticas. Por exemplo, cando notaba que alguén fallaba nas multiplicacións, dicíalle ao mestre que o revisara...
Así, o que non sabía algo resultaba "cazado". E o mestre dáballe, entón, unha táboa pitagórica para aprender a multiplicar. Unha táboa de Pitágoras o sabio...

Subir

Ismaíl e o encerado máxico
[ Beatriz Calvo Martínez, 1998 ]

Había unha vez un ananiño chamado Ismaíl. Era feliz, era moi feliz.
Un día Ismaíl foi mercar fresas á feira de Carballo. Quería comprar dous quilos de fresas, pero non sabía cantos cartos tiña que pagar nin o que lle debían devolver, se era o caso. Así que decidiu buscar algo que lle servira para facer contas. E así foi ata Leiloio, na busca de algo que servira para iso...
En Leiloio encontrou un encerado que fora dunha vella escola xa abandonada. Ismaíl fixo nel unha conta e agardou. Instantaneamente apareceu o resultado correcto. Polo que o anano pensou que debía seu un encerado máxico.
Ismaíl volveu á feira, pero esta vez si que sabía canto tiña que pagar. E por iso mercou unhas fresas para preparalas con nata...

Subir

O anano e o home lobo
[ Fernando Fernández Rodríguez, 1997 ]

Hai moitos anos estaba por aquí un anano chamado Ismaíl. Un día foi de excursión, e nesa excursión descubriu que se podía transformar en home invisible, mellor dito, en anano invisible.
No camiño dun bosque atopouse cun home lobo e fixéronse amigos. Máis adiante coñeceron a unha maga chamada Matilda...
Nun país estraño tiveron que pasar tres probas: cruzar un río onde había unha anguía xigante, matar un cíclope e arrincar unha planta carnívora.
Gracias á forza do home lobo, os tres amigos realizaron as probas. Pero no camiño de regreso a casa equivocáronse de tren, e tardaron algo máis.
Ao final conseguiron chegar a casa e fixeron unha festa marabillosa...

Subir

O pobre Ismaíl
[ Vanesa Medín Cambón, 1996 ]

Érase unha vez un bonito ananiño chamado Ismaíl, loiro como o sol, coa súa cara clara como a auga en pleno verán.
Unha noite de marzo que estaba a durmir cun neno púxose xunto á súa boca. O neno aspirou forte e o anano entrou no interior do seu corpo, e empezou a camiñar. Baixou polo esófago como se fora un tobogán. Chegou ao estómago e doulle por botar unha cabezada. Logo estivo dúas horas no fígado.
Alí comía a comida que o neno tiña na barriga. Despois foi ao páncreas e avanzou polo intestino delgado, que era como unha tubería longuísima con moitas curvas. Pero tamén había outro tubo máis gordo, era o intestino groso.
Entón, o neno sentiu ganas de facer as súas necesidades, é dicir, tivo ganas de cagar. E o neno cagou ao pobre ananiño. Cando saiu do wáter daba pena velo.
Bañouse moito tempo pois cheiraba a excrementos. E na ducha viu unha ananiña que tamén se estaba lavando.
Falaron e namoráronse, e casaron con moita alegría...

Subir


Web de Ismail: Portada - Home Page

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ismaíl dacabalo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ismaíl vivía en Asia.

 

 

 

 

 

 

Ismaíl e a alfombra voadora

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ismaíl viaxou ao interior do corpo.

 

 

 

 




Locations of visitors to this page


http://es.geocities.com/ismaildemalpica

© Mario Aller

transparent
Hosted by www.Geocities.ws

1