Paisaxe
![]() |
|
No concello de Chandrexa de Queixa, os altos cumios,
os vales encaixados e as sosegadas augas do embalse, recrean un espacio
natural, rico en fauna e vexetación, que forma un gran atractivo
para o visitante. Cabe destacar tamén as pintorescas aldeas con
casas de perda e pizarra.
A auga e a xeoloxía atoparon aquí dous tipos paisaxísticos ben diferentes: a metade norte é de suaves e onduladas formas que descenden por tódalas partes a atoparse co río Navea; pola contra, na metade sur, onde se atopan os nacementos dos ríos é alta e escarpada, de ladeiras cinceladas polo xeo da última glaciación e posteriormente modeladas por intocables torrentes, garda entre os seus barrancos os pequenos tesouros da nosa historia florística, ademáis de servir de refuxio ás crecentes poboacións da fauna máis diversa. |
![]() |