Flora e Fauna



Dende a perspectiva botánica, Chandrexa de Quiexa atópse nun lugar estratéxico, pola coincidencia de ocupar unha encrucillada bio-xeográfica de primeira magnitude, pois aquí o dominio atlántico e o mediterráneo danse a man.
Por todo o término municipal atópanse boas mostras de bosque caducifolio. Hai fragas, dominadas polo cerquiño (Quercus pyrenaica) en Santa Cruz, Rabal, Bozqueimado ou Casteligo; bosques de bidueiros (Betula pendula), preciosos soutos, como o impresionante de San Cristobo; e as perennes e azuladas masas de acebo (Ilex aquifolium), constitúen o tápiz arbóreo da zona. Non faltan os padrairos, os rebolos e o máis emblemático de toda a serra, o serbal de cazadores (Sorbus aucuparia), que nesta zona recibe o nome de cancireixo.
Nas partes altas das montañas podemos atopar uces e carqueixas que forman unha bonita paisaxe en calquera época do ano.
As plantas sempre gozaron da atención dos paisanos deste concello que, experots na súa recolleita, usáronas como producto medicinal. desenrolándose así unha rica cultura herborística, que aínda hoxe se transmite de xeración en xeración. A planta medicinal máis destacada da zona é a xonza (Gentiana lutea), bonito endemismo de Queixa, en peligro de extinción, só presente nos vales de Sullias e nas terras altas de Requeixo e Forcadas. Esta planta está presente no escudo deste concello.
As especies animais fanse intocables. é abundante o xabalí, o corzo, o coello, a lebre, a perdiz e en menor medida o cervo. Son numerosas as aves do monte e non faltan as rapaces como o aguilucho lagoeiro. Toda esta amplia especie faunística fan que Chandrexa de Queixa sexa un lugar idóneo para practicar o deporte da caza que goza dunha gran afeción en todo o concello.
Conta tamen cun amplo catálogo herpetolóxico, e é posible atopar aínda a salamandra rabilarga (Chioglossa lusitanica), protexida por leis españolas e inrenacionais.
A pesca é abundante nas frías e transparentes augas dos regatos e nas máis profundas do encoro. Nestas augas podemos pescar troitas e peixes, ademáis doutras especies.

 

Hosted by www.Geocities.ws

1