Festas e Gastronomía



O calendario festivo neste concello comeza a finais do mes de maio no pobo de Rabal. A primerios do mes de xullo, en Celeiros, celébrase tradicionalmente o concurso comarcal de gando vacún, ó que acuden gandeiros de toda a aprte oriental da provincia e que serve para fomenta-la cría e a explotación das razas autóctonas, como a caldelá, vianesa, entre outras.. Nestas datas tamén se celebra unha romería no embalse, na que se fai uha comida á beira do embalse.
O 25 de agosto celébrase a romería da Virxe de Guadalupe en O Chao. É unha festa de gran arraigo que foi recuperada e da cal xa se teñen referencias no século XIX; celébrase no entrono da ermita da Virxe. Os peregrinos van en procesión dende O Chao ata Casteligo para voltar de novo a ermita acompañando á Virxe.
Os días 5 e 24 de cada mes celébranse as feiras ou mercados na capitalidade do concello, Celeiros. Hoxe en día acuden mercados e polbeiras; pero antigamente era un lugar importante de compra-venda de gando.
Por tartarse dunha localidade de montaña, as carnes son a base dos platos típicos deste concello, e o leite a esencia dos seus postres. Os asados de cabrito, cordeiro ou carne de vacún, sen olvida-lo cocido local, son os platos con carta de natureza de toda a serra.
O leite, de especial calidade, é a base do queixo pero sobre todo é a alma da bica; é o postre típico da comarca e preparada en Chandrexa, ofrece a oportunidade para degustar un producto sinxelo e de calidade.
Outros platos típicos da zona son os derivados do porco: chourizos, androllas, xamóns, cachuchas, etc.; todos de gran calidade xa que ainda se ceba o porco na casa e todo o proceso de elaboración dos alimentos faise de forma artesanal, como se facía antigamente, estes costumes transmítense de xeración en xeración.
Todos estes platos típicos da zona poden degustare en calquera dos restaurantes deste concello: Casa Gerardo e Complexo Monecau en Celeiros; e o Casal de Drados en Drados.

 

Hosted by www.Geocities.ws

1