Tempo Libre
![]() |
|
Este concello ofrece numerosas posibilidades para disfrutar
do tempo de lecer, a parte de contemplar a grandiosa e fascinante natureza.
En Celerios o visitante non pode marchar sen visita-lo Museo Etnográfico local, que reúne pezas, obxetos e utensilos relacionados coa cultura e coa vida dos habitantes da zona. A área recreativa de As Taboazas ofrece un lugar para descansar e contemplar unha bonita paisaxe. O encoro de Chandrexa invita ó baño e á práctica de numerosos e diversos deportes naúticos como o remo, a vela, o windsurfing, etc. A pesca de troitas e peixes, no encoro, nas augas do Navea e en tódolos regatos que serpentean pola xeografía do concello constitúen outra forma de disfrutar do tempo libre, e sobre todo para aqueles visitantes que gocen do silencio e do reposo. A caza de diversas especies de caza maior e menor como o corzo, o xabarín, a lebre, a perdiz, a codorniz, etc., destaca pola súa abundancia e diversidade. Unha das principais actividades que pode practicar o visitante é o senderismo; existen numerosas rutas que se poden percorrer a pe , en bicicleta ou a cabalo. Para percorrer toda esta xeografía existen unha serie de percorridos convintemente sinalizados, que permiten chegar á serra, según os intereses e posibilidades de cada un. Atravesan bosques, fragas, praderías, regatos e polos camiños centenarios, case sempre labrados en pedra, podemos chegar ós muíños, os pobos situados nas ladeiras dos montes e os cumios do Xeixo e da Pa. O visitante tamén pode achegarse a Estación de montaña de Cabeza de Manzaneda que está situada a tan só 6 kilómetros deste concello, e disfrutar dos deportes relacionados coa neve como o esquí ou o snowboard, entre outros. |
![]() |