Historia e Monumentos
|
Resulta moi dificil atopar restos anteriores a etapa
de dominación romana, ben sexa por falta de investigación
ou por que realmente non existen restos. Da época romana hay
información e restos arqueolóxicos ligados á Vía
Nova ou III do Itinerarium Antonini, que unía Braga e Astorga,
esta vía bordeaba este concello. Da época medieval podemos
atopar no veciño concello de Montederramo un mosteiro cisterciense,
no que se atopan abundantes documentos sobre cesións e donacións
entre o mosteiro e Queixa, así como dos señores feudais
que tamen deixaron a súa pegada ó estar esta zona influenciada
polo conde de Lemos e os condes de Ribadavia.
O concello de Chandrexa de Queixa créase por Real Decreto do 23-VII-1835, en Xullo do ano 1836.Para a súa creación tómase como eixo central do seu territorio, o río Navea, cuns límites xeográficos moi precisos como son a Serra de Queixa e a Serra do Burgo. Cando se creou o concello estableceuse a súa sede en Chandrexa, lugar de ubicación do priorato do Cister. A finais dos anos coarenta e co comezo das obras para a construcción do embalse de auga do Navea, comeza a coller certa relevancia o pobo de Celeiros; o incremento da poboación obreira, fixo aparecer en Celeiros as tendas e os bares necesarios para satisface-la demanda destes servicios. Por circunstancias semellantes ocorreu o mesmo no pobo de Rabal. Por referendum, a comezos dos anos 60 fixouse a capitalidade do concello en Celeiros traendo consigo o Rexistro Civil, o Xuzgado de Paz, o consultorio médico, a farmacia e a xa desaparecida Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros, pouco máis tarde abriríanse duas sucursais bancarias. Hoxe en día, Celeiros conta tamén con unha escola onde se imparten clases de educación primaria, un complexo hosteleiro con piscina, un supermercado, unha panadería, e máis servicios. |
|
|
Podemos atopar numerosas igrexas, capelas, campanarios
e cruceiros como máximo exponente da arquitectura popular desta
zona. Entre os monumentos máis destacados podemos sinalar as
igrexas de Chandrexa e o Chao; e, a capela e o cruceiro de Parafita.
Outro tipo de monumentos que podemos atopar nesta zona son os fornos de leña, como o de As Forcadas. Nalgúns pobos ainda se fai o pan neste tipo de fornos artesanais, o proceso de elaboración é o mesmo que se seguía xa na antigüedade. Para facer este pan de leña utilízase fariña, levadura e auga; estes ingredientes amásanse ata conseguir una masa consistente e fanse os pans ou "panochos"; despois quéntase o forno con leña ata que esté moi quente ou "roxo" e xa se pode meter o pan no forno ou "enfornar"; cando o pan comeza a estar tostado por enriba retírase do forno e xa está listo para comer. Outro monumentos destacados pero xa máis modernos pero con referencias ancestrais son o Casal de Drados, é unha casa de turismo rural; e o Museo Etnográfico de Celeiros, é un museo no que podemos atopar restos de materiais, ferramentas e obxetos que existían na zona. Sen embargo, o patrimonio natural constitúe o maior atractivo deste concello. |
![]() |